|
Os mexillóns son moluscos que viven formando comunidades máis ou menos numerosas adheríndose ás rochas por medio do seu pé e que atópanse na zona das mareas ou por debaixo destas, pero sempre en sitios de pouca profundidade.
O mexillón ou "Mytilus Galloprovincialis" é propio do Atlántico e atópase adherido ás rochas nas costas de Europa e de América, aínda que os países productores máis importantes son España (sobre todo nas Rías Galegas) e os Países Baixos.
Cultívase en criadeiros e viveiros debido ás súas excelentes propiedades: crecemento rápido, facilidade para adherirse a soportes e unha apreciada carne. |
|
|
|
A capacidade de filtración dos mexillóns é enorme, podendo chegar a bombera ata 8 litros por hora.
Denomínanse filibranquios porque os filamentos ou ramificacións das súas branquias teñen manollos entrelazados de cilios similares a pelos.
Son unisexuais, cada hembra pode chegar a depositar máis dun millón de óvulos e a incubación dura entre unha ou dúas semanas, según a temperatura do auga.
O método tradicional de producción do mexillón en Galicia é o cultivo en batea. Este sistema é o de mellor rendimento dos coñecidos, e as 240.000 toneladas de mexillón comercializados anualmente en Galicia supoñen máis da metade da producción mundial deste molusco.
Aínda que o cultivo do mexillón en bateas é orixinario do Xapón comenzouse a utilizar en Galicia, na Ría de Arousa no 1946 e foise modificando progresivamente ata que na actualidade o emparrillado, semellante ó dos viveiros fixos, é de vigas de eucalipto e os frotadores son grandes bidóns de ferro recuberto de poliester. Este sistema de cultivo tivo un rápido desenrolo que levou á presencia actual de 3.377 bateas de mexillón nas Rías Galegas.
|
|
|
|
A batea está formada esencialmente por unha serie de frotadores que soportan unha serie de listóns de madeira de eucalipto de forma rectangular, cunha superficie non superior ós 500 m2. O número de frotadores das bateas está relacionado co tamaño e a antigüedade das mesmas, así as de máis antigüedade teñen un frotador central, mentres que as máis novas dispoñen de varios frotadores.
As cordas utilizadas para o cultivo miden entre 19 e 12 m. e levan intercalados cada 40 cm. uns listóns de madeira ou de plástico para distribui-lo peso do mexillón ó longo de tódala corda, impedindo así que éste se desprenda
O proceso comenza coa obtención da mexilla ou cría, que pode facerse por medio de cordas colectoras na propia batea aproveitando o desove do mexillón, feito que ocorre a partires do mes de marzo ata xullo, ou posteriormente, de decembro en diante recollendo a mexilla directamente do medio natural, é dicir, arrancándoa das rochas e procedendo ó transporte da mexilla á batea e o seu posterior encordado.
O encordado é unha operación que consiste en adosar unha certa cantidade de mexillas óredor da corda coa axuda dunha rede fina de algodón, que ten coma misión sostelas pegadas á corda ata que logren adherirse por elas mesmas. Logo estas cordas coas crías sumérxense no mar pendendo da plataforma.
|
|
|
|
Pasado un período de 4 a 6 meses é necesario facer un desdobramento das cordas, xa que éstas multiplicaron por 10 o seu peso. Isto consiste en iza-las cordas desprendendo e seleccionando o mexillón, tralo que se volta encordar, obtendo entre 2 ou 3 cordas por cada unha das primeiras. Cada batea pode levar de 400 a 500 cordas, dando unha producción media de 457/50 Tm./ano. O mexillón queda entonces listo para o seu desenrolo ata o momento da recolección. Durante o tempo que dure o cultivo suxírese que se leven a cabo análises de presencia de coliformes e bacterias patóxenas para o home, coa finalidade de asegurar un producto libre de patóxenos e viable de ser comercializado. E eiquí onde entra en xogo o Laboratorio de Amegrove, o cal caracterízase por se un laboratorio de análises de alimentos onde se determina e garantiza a aptitude para o consumo humán dos mexillón que se comercializan na depuradora da empresa.
|
|
|
|
As técnicas que se desenrolan son: Biotoxinas mariñas, microbiloxía dos moluscos e auga do mar empleada na depuración, análises de superifices, e química do agua do mar. Para elo cóntase cos medios máis modernos e automatizados, axustándose o laboratorio ás técnicas oficiais vixentes e á actualización continua tanto de medios coma de técnicas; asegurando o control máis estricto dos nosos productos conforme á normativa de comercialización de moluscos.
|
|
|
|
Este laboratorio é un soporte técnico imprescindible na política de calidade de Amegrove.
|
|
A cosecha comenza cando se consiguen unhas medidas para o mexillón de ata 27 pezas para o grande e de 28 a 37 pezas /kg. para o normasl, que son as tallas que se poñen actualmente nos muelles. É entonces cando se procede á recolección, selección e envasado para envia-los mexillóns á depuradora.
|
|
|
|
Esta selección ven determiñada según o tamaño en "Grande" ou "Normal". Sempre refrríndonos ó productor, xa que no mercado pódense definir de distintas formas según os comercializadores.
|
|
|
|
|
|
Logo envásanse en sacos para o seu traslado á depuradora e a súa posterior comercialiación.
|