AMEGROVE SOCIEDADE COOPERATIVA LIMITADA

 

Somos unha empresa basada nun minifundio de pequenas explotacións de ámbito familiar creada no ano 1977 e adicada ó cultivo e a comercialización do mexillón. Actividade que se reflexa tanto na venta á  propia empresa, coma na venta a outras depuradoras.

Polo de agora a producción de AMEGROVE destínase aproximadamente nun 95 % ó consumo en fresco e o resto a conserva, pero é a nosa intención que coa recente creación de FRIGOAMEGROVE se destine parte desta producción á venta de mexillón cocido, precocinado, pasteurizado, etc.