|
XXIII FESTA DO MEXILLÓN |
|
XXXVII FESTA DO MARISCO (O GROVE) |
|
Os mellores frutos do mar galegos poderanse degustar, unha vez máis dende 1963, na XXXVII Festa do Marisco de O Grove (Pontevedra). Once días, durante os cales máis de 149.000 visitantes procedentes de toda España atiborraranse de nécoras, almeixas, cigalas, empanadas, polvo, ostras, camaróns e bo viño galego, que poñen a súa disposición restaurantes, acuicultores, mariscadores, bares e cetáreas da zona, a un precio razoable e cociñados dunha forma orixinal e tradicionalmente galega. Integrada no programa de eventos gastronómicos celebrarase a festa do mexillón, cuio certamen deste ano será o XXIII. Como non só de marisco vivimo-los mortais, a exaltación e consumo destes productos compleméntase cun variopinto e desbordante programa cultural-lúdico-festivo, no que se inclúen un CONCURSO DE PRATOS CONDIMENTADOS DE MEXILLÓN, recitais de gaita, festival de rock, manifestacións folclóricas e deportivas, xornadas gastronómicas e vitivinícolas.
|