Amegrove Club de Remo é unha entidade deportiva nacida no ano 1979 en O Grove có abeiro dunha Xunta Xeral de socios da que entón era a Asociación de Mexilloeiros de O Grove, aínda que oficialmente non nacería ata o ano 1981, data na que acuden á primeira regata de Traíñas que disputou este clube.

No ano 1984 conseguen o seu primeiro Campeonato de España, e no ano 1.999 proclámanse coma o mellor Clube en Banco Fixo, tendo no seu poder dezaoito Bandeiras dos Campeonatos de España.

Conta con preto de sesenta e cinco rapaces federados e uns vinte en nivel de aprendizaxe, que comezan a prepararse entre a derradeira semán de setembro e a primeira de outubro para poder estar en óptimas condicións para a tempada seguinte.

Tamén, coma tódolos anos, na época de verán inician o "Curso de Remo para Principiantes".

Máis información en:           www.amegrovecr.com