Competencia

Asociacións

Formación

Autocoñecemento

Mediación

Intelixencia

Portais

                                               A intelixencia emocional

   Inicio

   Profesorado
   Docencia e IE
   Marco
   Competencia persoal
   Competencia social
   Enlaces de interese
 

 

Docencia e
Intelixencia emocional

"Para ensinar ben aos demais, primeiro has de facer ti algo moi duro: has de endereitarte a ti mesmo" (Buda)

Recentemente Daniel Goleman, difusor do interese actual polo tema, sobre a base das últimas investigacións realizadas, propuxo un novo modelo polo cal a IE estaría integrada por catro factores básicos:
 

  • A capacidade para darse conta e tomar conciencia (self-awareness).

  • A capacidade de automanexo, control e autorregulación (self-management).

  • A capacidade de darse conta dos outros, do seu comportamento e do impacto do noso sobre eles (social-awareness).

  • A capacidade para influír e manexar as relacións cos demais (relationship management).

Na realidade das aulas nas que ten que desenvolver o docente o seu labor é fundamental posuír e incrementar esas capacidades cunha dobre finalidade: manexar con éxito as situacións "normais", cada día máis complexas, do proceso ensinanza-aprendizaxe e potenciar a IE nos alumnos. Non se pode ensinar algo que non se ten ou non se sabe.

 

Marco da competencia emocional  

 

Goleman fai referenza a cinco dimensións da intelixencia emocional e a vintecinco competencias emocionais englobadas en dous bloques:
 

 

  • Competencia persoal

  • Competencia social

 

 

 
   

 

Competencia persoal
 

 

Determinan o modo en que nos relacionamos connosco mesmos.

 

Conciencia dun mesmo.

Conciencia dos nosos propios estados internos, recursos e intuicións.

 

  • Conciencia emocional: Recoñecer as propias emocións e os seus efectos.

  • Valoración adecuada dun mesmo: Coñecer as propias fortalezas e debilidades.

  • Confianza nun mesmo: Seguridade na valoración que facemos sobre nós mesmos e sobre as nosas capacidades

 

Autorregulación.

Control dos nosos estados, impulsos e recursos internos.

 

  • Autocontrol: Capacidade de manexar axeitadamente as emocións e os impulsos conflitivos.

  • Confiabilidade: Fidelidade ao criterio de sinceridade e integridade.

  • Integridade: Asumir a responsabilidade da nosa actuaci6n personal.

  • Adaptabilidade: Flexibilidade para afrontar os cambios

  • Innovación: Sentirse cómodo e aberto ante as novas ideas, enfoques e información.

 

Motivación
Tendencias emocionais que guían ou facilitan o logro dos nosos obxectivos.

 

  • Motivación de logro: Esforzarse por mellorar ou satisfacer un determinado criterio de excelencia.

  • Compromiso: Secundar os obxectivos dun grupo ou organización.

  • Iniciativa: Prontitude para actuar cando se presenta a ocasión.

  • Optimismo: Persistencia na consecución dos obxectivos malia os obstáculos e os contratempos.

 

 

 
   

 

Competencia social
 

 

Determinan o modo en que nos relacionamos cos demais.

 

Empatía
Conciencia dos sentimentos, necesidades e preocupacións alleas
.

 

  • Comprensión dos demais: Ter a capacidade de captar os sentimentos e os puntos de vista doutras persoas e interesarnos activamente polas cousas que lles preocupan.

  • Orientación cara ao servizo: Anticiparse, recoñecer e satisfacer as necesidades dos usuarios.

  • Aproveitamento da diversidade: Aproveitar as oportunidades que nos brindan diferentes tipos de persoas.

  • Conciencia política: Capacidade de darse conta das correntes emocionais e das relacións de poder subyacentes nun grupo.

 

Habilidades sociais
Capacidade para inducir respostas desexables nos demais
.

 

  • Influencia: Utilizar tácticas de persuasión eficaces.

  • Comunicación Emitir mensaxes claras e convincentes.

  • Liderado: Inspirar e dirixir a grupos e persoas.

  • Catalización do cambio: Iniciar ou dirixir os cambios.

  • Resolución de conflitos: Capacidade de negociar e resolver conflitos.

  • Colaboración e cooperaci6n: Ser capaces de traballar cos demais na consecución dunha meta común.

  • Habilidades de equipo: Ser capaces de crear a sinerxia grupal na consecución de metas colectivas.

 

 

 
   

 

Enlaces de interese  

 

 

Definición de intelixencia emocional. definicion.org

A intelixencia emocional. wikilearning.com

Artigos seleccionados. psicologia-oonline.com

Desenvolvemento da I.E no profesorado. campus.oei.org

Alfabetización emocional. Revista Iberoamericana de Educación.

Ed. emocional, formación permanente do profesorado. ua.ambit.org.

I.E. como ferramenta educativa. profes.net

Educar con intelixencia emocional. monografías.com

Intelixencia emocional, como aplicala na práctica docente. indexnet

I.E. Teoría e práxis na educación. campus.oei.org

I.E no alumnado. rdie.

Portal de intelixencia emocional.Inteligencia-emocional.org

Técnicas de autoaxuda.Psicología-online.com

Neurobioloxía da intelixencia emocional. Dr. Jorge Fernández.

Taller de recursos de autoaxuda. uma.es

Sentimentos e intelixencia emocional. Interrogantes.net

Test de intelixencia emocional. elios3000.net

Test de intelixencia emocional

 

 

 
   

 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 
 
 
 

  

Luctor et emergo