Competencia

Asociacións

Formación

Autocoñecemento

Mediación

Intelixencia

Portais

                                               Autocoñecemento persoal e profesional

   Inicio

   Profesorado

   Autocoñecemento

   Estrés

   Burn out

   PNL

  Enlaces relacionados

Coñecer os puntos fortes e débiles que temos, saber como nos ven os demais, é dicir, coñecernos a nós mesmos, facilita definir claramente o noso perfil , tanto a nivel persoal, como profesional, o que nos proporciona os indicadores necesarios á hora de enfocar o noso traballo no contexto concreto no que o estemos a desenvolver.
Este coñecemento persoal é importante
, fundamentalmente por dúas razóns:
1. Se coñecemos  para que estamos ben preparado, tanto persoal como profesionalmente, orientaremos a procura cara ao que mellor se axuste ao noso perfil e sacaremos mellor partido ás nosas capacidades.
2. Se coñecemos as nosas caren
cias saberemos  como suplilas, compensalas ou remedialas a través, por exemplo, de formación continua e complementaria.
Tras analizarte a ti mesmo, debes analizar a túa formación, as túas experiencias e os teus logros, para mostrar o mellor de ti: todos temos puntos fortes e puntos débiles.
Os puntos fortes son as nosas mellores calidades, os puntos nos que deberemos apoiar a nosa forza profesional: reflexiona  e pensa como podes utilizalos para sacarlles o máximo proveito posible.
Os puntos débiles son os aspectos da nosa personalidade aos que debemos prestar atención: tratar de evitalos, melloralos ou compensalos. Pensemos que sempre hai un "lado positivo".

Este coñecemento persoal é a base esencial para poder levar adiante a cada vez máis difícil tarefa docente e prever e evitar a ansiedade, o estrés..., e mellorar a nosa saúde mental-laboral.
 

Autocoñecemento: a gran materia pendente. Monografías.com

Tests Psicolóxicos

 

  • Área de traballo

  • Área de habilidades sociais

  • Área parella-sexualidade

  • Área familia

  • Área personalidade

  • Área trastornos psicolóxicos

Tests Psicolóxicos: ansiedade, personalidade.... PSICOACTIVA

Items da escala "fontes de estrés nos profesores"

Escala avaliación estrés.Escala de Holmes-Rahe

Non estrictamente docente..., pero preguntas de interese.

Autocoñecemento: rasgo de ser un bo profesional. RDIE

O estrés de traballo pódese definir como as nocivas reaccións físicas e emocionais que ocorren cando as esixencias do traballo non igualan as capacidades, os recursos, ou as necesidades do traballador. O estrés de traballo pode levar á mala saúde e ata a ferida.
O concepto do estrés de traballo moitas veces confúndese co desafío, pero estes conceptos non son iguais. O desafío nos vigoriza psicológicamente e físicamente, e motívanos aprender habilidades novas e chegar a dominar os nosos traballos. Cando nos atopamos cun desafío, sentímosnos relaxados e satisfeitos. Entón o desafío é un ingrediente importante do traballo san e produtivo.
O estrés de traballo segue cando as esixencias do traballo non igualan as capacidades, os recursos, ou as necesidades do traballador.
 

Segundo moitas investigacións, a docencia é unha das profesións que máis ocasiona desgaste emocional e estrés. Este traballo que podería ser unha fonte de realización persoal e profesional, convértese na actualidade, e cada vez en máis casos,  en algo penoso, frustrante e todas as situacións novas que poderían servir como motivación, pasan a ser unha ameaza temida, e, polo tanto, evitada.

Os mecanismos de defensa psicolóxica xorden como unha estratexia natural do propio organismo para resgardarse das adversidades. Cando a persoa está ?armada,? utilizando estes mecanismos de defensa, non pode ocorrer moito crecemento (...) e déixanse de aproveitar moitas situacións que poderían converterse en verdadeiras fontes de aprendizaxe e intercambio para todos. Algunhas veces esta complexidade vivenciada polo profesor dificulta o proceso de mediación na produción e apropiación dos coñecementos dos seus alumnos, contribuíndo ao deterioro da calidade da ensinanza.

   

A psicóloga social Cristina Maslach, estudando as respostas emocionais dos profesionais de axuda, calificou aos afectados de “sobrecarga emocional ou síndrome do Burnout (queimado). Descríbeo como “un síndrome de esgotamento emocional, despersonalización e baixa realización persoal” que pode ocorrer entre individuos que traballan con persoas. Pódese definir como estrés laboral prolongado. Moitos estudos confirman que en España, os profesionais da sanidade e do ensino son os colectivos do sector público máis afectados polo síndrome do desgaste emocional. Trátase de profesións que demandan entrega, implicación, idealismo e afán de servizo aos demais e aséntase sobre unha personalidade perfeccionista cun alto grao de autoexixencia, cunha gran tendenza a implicars no traballo.

Aproximadamente dous tercios de todas as enfermidades están relacionadas co estrés laboral e aínda que non se trata dun relación de causa-efecto, o estrés laboral é un factor relevante que interacciona con outras variables psicobiolóxicas e sociais, orixinando numerosas enfermidades físicas e mentais e deterioro notable na capacidade profesional.
 

Descrición, etioloxía...

Unha investigación con docentes universitarios. UEX

Educación Primaria e Síndrome de Burnout. en pdf

Síndrome de Burnout e o profesional da educación. Monografías.com

A PNL é un dos variados métodos que existen con diferentes nomes, tales como: intelixencia emocional, control mental, etc. A base de todos é a meditación e a relaxación que activan as capacidades das persoas facilitando o autocoñecemento.

Ten as súas orixes na Universidade de California. O matemático e psicólogo Richard Bandler e o lingüísta John Grinder ao estudar os patróns de conduta, a linguaxe, as ilusións dos seres humanos, a contaposición daqueles que non teñen linguaxe, foron creando procesos, formas de influenza pasando ás veces do consciente ao inconsciente os diversos comportamentos conseguindo resultados importantes para a comprensión de feitos humanos: éxito, fracaso, tristezas, estrés, desmotivación, cambios...

 

Para saber máis do tema

   

   

 
 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 
 
 










 


 



 

  

Luctor et emergo