|
|
|
|
 |
| |
|
 |
|
A normativa actual ao
respecto dos dereitos e deberes dos pais no eido
eductivo sinala: |
|
|
a) A que reciban
unha educación, coa máxima garantía de calidade,
conforme cos fins establecidos na Constitución, no
correspondente Estatuto de Autonomía e nas leis
educativas.
b) A escoller centro docente tanto público como
distinto dos creados polos poderes públicos.
c) A que reciban a formación relixiosa e moral que
estea de acordo coas súas propias conviccións.
d) A estar informados sobre o progreso da
aprendizaxe e integración socio-educativa dos seus
fillos.
e) A participar no proceso de ensino e aprendizaxe
dos seus fillos.
f) A participar na organización, funcionamento,
goberno e avaliación do centro educativo, nos
términos establecidos nas leis.
g) A ser oídos naquelas decisións que afecten á
orientación académica e profesional dos seus
fillos.
|
|
|
|
 |
Participación das familias
nos centros educativos. Educastur |
|
|
|
|
 |
|
Ao mesmo tempo que a norma indica os dereitos,
establece que, como primeiros responsables da
educación dos seus fillos ou pupilos,
correspóndelles. |
|
|
a) Adoptar as medidas necesarias, ou solicitar a
axuda correspondente en caso de dificultade, para
que os seus fillos ou pupilos cursen os ensinos
obligatorios e asistan regularmente a clase.
b) Proporcionar, na medida das súas
disponibilidades, os recursos e as condicións
necesarias para o progreso escolar.
c) Estimularlles para que leven a cabo as
actividades de estudo que se lles encomenden.
d) Participar de xeito activo nas actividades que se
establezan en virtude dos compromisos educativos que
os centros establezan coas familias, para mellorar o
rendemento dos seus fillos.
e) Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu
proceso educativo, en colaboración cos profesores e
os centros.
f) Respectar e facer respectar as normas
establecidas polo centro.
g) Fomentar o respecto por todos os compoñentes da
comunidade educativa. |
|
|
|
|
|
 |
| |
 |
|
|
 |
| |
| |
|
Colexio San Narciso -
Marín |

|
Contacto jucarte48@hotmail.com |
  |
|