Misión

Titoría

Orientación

Ensino

Diversidade

Convivencia

Organizacións

                                               Departamento de Orientación>Orientación académica e profesional

   Inicio

   Departamento
   A orientación
   Plan: POAP
   Outros exemplos
  Documentos

No Sistema Educativo actual concíbese a orientación educativa nunha dobre perspectiva:
     A realizada por profesionais da atención individualizada -e non excluínte- dos problemas de aprendizaxe.
    
  A consideración da actividade orientadora como un ámbito máis de atención da función docente.

Supérase deste xeito a concepción da orientación únicamente como axuda externa puntual aportada polo experto, e téndese ó concepto de orientación como actuacións que se desenvolven dentro da actividade educativa e inxeridas no contexto económico e cultural no que se desenvolve o individuo.
A escola, como lugar de construcción da igualdade de oportunidades asume, entón, a misión educativa de posibilitar que todos e cada un dos cidadáns desenvolva o máximo das súas potencialidades e elabore un proxecto de vida persoal que poida transcender, se é o caso, condicionantes de partida desfavorables. Este reto supón un profundo cambio, tanto teórico como institucional na concepción, organización e desenvolvemento da orientación educativa.

Nesta liña, entendemos a orientación como un proceso global que integra aspectos relativos ao desenvolvemento persoal, aos procesos de ensino-aprendizaxe e á toma de decisións e que inclúe a toda a comunidade educativa.
Consecuentemente, a comunidade educativa, entendida nun senso amplo, o contexto escolar no que imos a desenvolver a acción educativa concreta, é o segundo referente que guía e xustifica o plan de Orientación Académica e Profesional.

O Plan de Orientación é un dos documentos de traballo que elabora o Departamento de Orientación e intégrase no Proxecto Curricular para dar, dende o noso centro, unha resposta axeitada e de calidade á complexa realidade educativa actual. A necesidade do plan xustifícase pola demanda crecente da sociedade dun ensino máis personalizado, comprensivo e integrador, demanda que a normativa educativa contempla como principio de atención á diversidade.

É, pois, o marco lexislativo da LOXE e o posteriror, e parcialmente en vigor da LOCE, o primeiro referente no que se basea a nosa actuación de orientación.

  Plan de Orientación. POAP.(en PDF)

   

IES Ramón y Cajal

IES Auga da Laxe

IES Chan do Monte.

IES Val Miñor.

Plan de Orientación de Zona.Alcázar de San Juan

 

 

   

Orientación Educativa. CNICE. MEC

Orientación Educativa. CES Don Bosco

Caderno de Orientación Profesional. XTEC

A orientación na ensinanza superior. En pdf

A orientación escolar e profesioonal no marco normativo español.

Modelos e programas de intervención. EOE de Andalucía

Orientación profesional e xénero.

Modelos de orientación e intervención psicopedagóxica.

 

 
 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 
 
 










 


 



 

  

Luctor et emergo