|
A
atención á diversidade constitúe un reto necesario
de resposta de educación de calidade de todo centro
escolar. O concepto de diversidade evolucionou a
medida que a escola pasou de modelos
segregacionistas e limitadores para dar paso a unha
escola integradora máis tolerante e inclusiva, na
que se recoñece a heteroxeneidade como algo positivo
e enriquecedor no marco da calidade total.
O recoñecemento
das diversidades existentes (capacidades,
motivación, interese, estilos de aprendizaxe,
ritmos, valores culturais ...) constitúen o punto do
que partimos para evitar que as diferenzas se
convirtan en desigualdades e desventaxas entre o
alumnado.
Este obxetivo só é
alcanzable se a aula ordinaria se convirte nun
referente básico e o titor no eixe principal da
resposta educativa á diversidade e, singularmente,
aos alumnos con necesidades especiais. A
responsabilidade non debe desplazarse do titor aos
distintos profesionais, polo contrario, éstos deben
colaborar con aquél, dacordo coa proposta
curricular, nun auténtico traballo interdisciplinar
e de equipo. Os recursos precisos para esta acción
educativa deben asegurar no posible, a atención
singular aos alumnos que precisen deles. Preténdese
que os centros respondan diferencialmente á
diversidade presente nas aulas.
O reto permanente
consiste precisamente en ser quen de ofrecer a cada
alumno a axuda pedagóxica que precise, axustando a
intervención educativa a súa individualidade como
persoa.
A realidade
educativa actual é complexa, variable e acolle,
como estamos vendo ata aquí, a un alumnado
igualmente diverso. O principio de “Atención á
diversidade” enténdese dende os seguintes
plantexamentos:
1.- As diferenzas individuais no
proceso de aprendizaxe constitúen un aspecto da
condición humana. A diversidade é, polo
tanto, unha característica
de todos os alumnos e non só duns poucos.
2.- Todos os alumnos necesitan axudas
psicopedagóxicas ao longo da súa escolarización, ben
sexan de tipo personal ou técnico ou material, co
obxecto de conseguir os fins da Educación. Polo
tanto, o factor que marca
as diferenzas fai referenza ao tipo e grao de axudas
precisas.
3.- As necesidades educativas dos
alumnos se presentan sempre asociadas ás condicións
personais e particulares
froito dunha interacción entre o individuo e seu
entorno físico-social-cultural.
|