Preguntas

Itinerarios

Bacharelato

FP

Outros estudos

                                               Orientación Educativa>Alumnos>Outros estudos/opcións ao finalizar 4º ESO

   Inicio

   3º-4º ESO
   Opcións con título
   Opcións sen título

 

 

 

  Outras opcións tendo o título de Graduado.

  Ciclos Medios de Artes Plásticas e Deseño

As ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño  comprenden os estudos relacionados coas artes aplicadas, os oficios artísticos, o deseño nas súas diversas modalidades e a conservación e restauración de bens culturais. Na actualidade en Galicia hai catro Escolas de Arte públicas. Nelas pódese facer Ciclos Medios (Título de Técnico) e Ciclos Superiores (Título de Técnico Superior)

Escola de arte Antonio Failde. Ourense

Escola de arte Mestre Mateo. Santiago

Escola de arte Pablo Picasso. A Coruña

Escola de arte Ramón Falcón. Lugo

Oferta educativa de Artes Plásticas e Deseño

Directorio de ecolas privadas

 

 

  Ensinanza de Idiomas

As Ensinanzas de Idiomas  están orientadas á formación continua de todos aqueles que nalgún momento da súa vida persoal ou profesional necesitan adquirir ou perfeccionar competencias en linguas estranxeiras, así como obter unha certificación das mesmas.
 

Para saber máis. Ensinanza de Idiomas. MEC

Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia

   

   Ensinanzas de Música (Graos elemental e medio)

As Ensinanzas de Música son aquelas que se imparten nos Conservatorios de Música. Teñen validez académica oficial e conducen a unha titulación académica.

O acceso a estas ensinanzas no seu tramo profesional é mediante proba, podendo ingresar en cursos intermedios sen o requisito de cursar ou superar os tramos anteriores de ensinanza regrada.

Pódese, con carácter excepcional, matricularse en máis dun curso académico.

Para saber máis. M.E.

   

  Ensinanzas de Danza (Graos elemental e medio)

As Ensinanzas de Danza son aquelas que se imparten nos Conservatorios de Danza. Teñen validez académica oficial e conducen a unha titulación académica.

O acceso a estas ensinanzas no seu tramo profesional é mediante proba, podendo ingresar en cursos intermedios sen o requisito de cursar ou superar os tramos anteriores de ensinanza regrada.

Pódese, con carácter excepcional, matricularse en máis dun curso académico.

Para saber máis. ME

Oferta educativa de Danza. Galicia

   

  Ensinanzas de Técnicos Deportivos (Grao Medio)

As Ensinanzas Técnico Deportivas  teñen como finalidade a de preparar os alumnos para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo.

Centros en Galicia

Ensinanzas Deportivas. ME

 

 

  Militar. Forzas Armadas e Corpos de Seguridade

Aos que teñen cumpridos 18 anos, as Forzas Armadas ofrecen 49 especialidades nos distintos exércitos. Para acceder a elas non se precisan coñecementos previos específicos. As Forzas Armadas proporcionan a formación necesaria na especialidade que elixas. Tamén podes acceder aos Corpos de Seguridade.

Catálogo de especialidades.

Información xeral. Soldados.com

Información xeral dos Corpos de Seguridade

 

 

  Formación propia en Centros Privados

Cursos de formación non reglada en academias privadas.

Facer cursos de formación a distancia. CCC

  Opcións sen o título de Graduado
   

  Oferta formativa de ensinanzas de adultos

   

  Probas libres

Con 17 anos: Acceso FP de Grao Medio

Con 18 anos: Probas libres Graduado Secundaria

Con 19 anos: Acceso FP de Grao Superior

   

  O mundo laboral (e Formación Profesional Ocupacional)

Ao cumprir os 16 anos e no caso de non estar interesado en ningunha das opcións anteriores podes buscar traballo pola túa conta, anotarte nas oficinas de emprego e indicar, ao mesmo tempo, que queres facer cursos de formación.

Formación Profesional Ocupacional e continua. C. de Traballo.

Servicio Galego de Colocación. Información

Buscador oficinas de emprego

Información xeral. Servizo público de emprego. Xunta.

A Aixola. Centro de Formación. Marín

 

 

  Militar. Forzas Armadas e Corpos de Seguridade

Se tes 18 anos, ser soldado profesional pode ser unha boa opción. As Forzas Armadas ofrecen emprego, formación e futuro.

Como ingresar

Probas

Información xeral. Soldados.com

Información xeral Corpos de Seguridade. MIR

   

  Formación propia en Centros Privados

Cursos de formación non reglada en academias privadas.

Facer cursos de formación a distancia. CCC

 
 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 

 

 










 


 



 

  

Luctor et emergo