|
A medida que avanzas de curso as posibilidades de
elección aumentan: nos primeiros cursos da ESO hai
unha optativa; en 3º tamén unha e 4º ata catro. No
Bacharelato poderás optar entre 3 modalidades, en cada unha
hai opcións e tamén materias optativas. Na FP podes
escoller entre distintas Familias Profesionais e
variados Ciclos formativos en cada unha desas
familias.
Pois ben, esas sucesivas eleccións que vas decidindo
configuran o teu itinerario persoal. É
necesario, entón, que teñas unha idea clara do que
queres en cada momento en que hai a oportunidade de
escoller para poder deseñar o itinerario máis acorde
coas túas preferenzas e necesidades. |