Preguntas

Itinerarios

Bacharelato

FP

Outros estudos

                                               Orientación Educativa>Alumnnos 3º-4º ESO>Bacharelato

   Inicio

   3º-4º ESO
   Cuestións básicas
   Modalidades bacharelato
   Debes ter claro
   De interese

  Cuestións básicas do bacharelato LOE

 

¿Que é  o Bacharelato?

O bacharelato é a última etapa da Educación Secundaria, ten carácter voluntario e componse de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos. Pódese facer de modo presencial, a distancia ou nocturno (Ver Bacharelato de adultos)
As súas finalidades son:
Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.
Orientadora, que permita aos alumnos ir encauzando os seus preferen
zas e intereses.
 

¿Como se accede ao Bacharelato?

O máis frecuente é acceder ao Bacharelato unha vez aprobado 4º ESO, tendo entón o título de Graduado en ESO.
Pero hai outros modos de acceso ( ver )
 

¿Que materias hai que estudar?

Tres tipos de materias:

  • Materias comúns para as distintas modalidades de Bacharelato e obrigatorias para todos os alumnos e alumnas.

  • Materias propias de modalidade . (3 en primeiro e 3 en segundo; polo menos 5, serán da modalidade elixida polo alumn@ e algunhas son obrigatorias. Por exemplo, no de Ciencias e Técnoloxía, as Matemáticas son obrigatorias, tanto en 1º como en 2º))

  • Materias optativas. Unha en primeiro e outra en segundo. Podes escoller entre as optativas que ofreza o centro. As materias específicas de cada modalidade poden ser, ao mesmo tempo, optativas para o resto das modalidades de bacharelato.

¿Como se promociona de curso?

Pasas a 2º curso si:
 

  • superas todas as materias cursadas ou...

  • tes avaliación negativa en dúas materias como máximo.
     

Repites o curso completo e serás cualificado en todas as materias si:

O número de materias avaliadas negativamente é superior a dúas.

 

O equipo docente, atendendo ás circunstancias persoais e académicas do alumn@, poderá decidir que o alumnado con tres ou catro materias con avaliación negativa no primeiro curso de bacharelato manteña a cualificación obtida naquelas materias que xa foron cursadas e superadas. Esto non resultará de aplicación cando a nova cualificación obtida na materia cursada sexa superior á outorgada no curso académico anterior.

 

En 2º curso:

• O alumnado que, ao finalizar o segundo curso, teña avaliación negativa nalgunha materia, poderá matricularse destas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas.
• Para obter o título de bacharel será necesario ter avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.

 

Ver:

DOG que regula a avaliación

Sentenza posterior

Bacharelato LOE. Galicia

  ¿Que modalidades de Bacharelato hai?

 

Hai estas 3 modalidades de bacharelato. Preme en cada vínculo para coñecelas detalladamente.

 
 
 

  Debes ter claro:

Para o acceso á Universidade:

Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao nas que o número de solicitudes sexa superior ao de prazas ofertadas, as universidades públicas utilizarán para a adxudicación das prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguiente fórmula e se expresará con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*CFG + a*M1 + b*M2

 

NMB = Nota media do Bacharelato.

CFG = Cualificación da fase xeral.

M1, M2 = As dúas mellores cualificacións das materias superadas da fase específica. (Tenén que estar vinculadas aos estudos que se queren realizar)

a, b = parámetros de ponderación das materias da fase específica.

Para o acceso aos Ciclos de FP Superior:

a) Cursase a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo coas materias vinculadas a el.
b) Cursase a modalidade de bacharelato sen algunha das materias vinculadas ao ciclo.
c) Cursase algunha das modalidades de bacharelato distintas das establecidas nos  parágrafos anteriores.

Dentro de cada un dos colectivos anteriores, a orde de prioridade virá determinada por:
1) Maior nota media no expediente académico en relación á titulación académica de acceso.
2) Maior nota ou maior nota media nas materias vinculadas.

 

  De interese:

Becas, axudas e subvencións. ME

Subscrición a alertas de convocatorias BECAS. ME

Bacharelato Internacional. IB.

Agrupación Educativa de Cursos Académicos no estranxeiro.

Estudar en Gran Bretaña

Bacharelato a distancia

 
 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 
 
 










 


 



 

  

Luctor et emergo