Dereitos

A ESO

Opcións

 

                                              Orientación Educativa>Alumnos>1º-2º ESO> Opcións despois de 2º ESO

   Inicio

   1º-2º ESO
   Cursar 3º ESO
   Iniciación profesional
   Ensinanza de adultos
   Mundo laboral

É a opción máis desexable. Supón que se levan ben os estudos e hai intención de conseguir o título de Graduado en ESO.

Terás que estudar:
 

Áreas e materias

Períodos lectivos semanais.

Total
Lingua galega e literatura 3 3 6
Lingua castelá e literatura 3 3 6
Lingua estranxeira 3 3 6
2ª Lingua estranxeira - 3*  
Ciencias sociais, xeografía e historia 3 3 6
Ética - 1 1
Matemáticas 4 3 7
Educación física 2 2 4
Física e química 2 3*  
Bioloxía e xeoloxía 2 3*  
Educación plástica e visual 2 3*  
Tecnoloxía - 3*  
Tecnoloxías 2 - 2
Música 2 3*  
Informática - 3*  
Latín - 3*  
Optativa 2 3 5
Relixión 1 1 2
Titoría 1 1 2
Períodos lectivos totais 32 32  

1No cuarto curso o alumnado escollerá tres de entre as áreas marcadas con (*) segundo a organización de cada centro.

Tamén escollerá unha materia optativa entre as ofertadas polo centro.

  Programa de Cualificación Profesional (PCPI)

Os Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI):

1. Teñen a  finalidade de favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.

2. Poderán acceder as alumnas e alumnos maiores de dezaseis anos, cumpridos con anterioridade ao 31 de decembro do ano en que se inicia o programa, que non obtivesen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

3. Excepcionalmente, poderán acceder a un programa de cualificación profesional as alumnas e alumnos de quince anos de idade, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Acordo das alumnas e alumnos, nais e pais ou titores.
b) Ter cursado segundo da educación secundaria obrigatoria, non estar en condicións de promocionar a terceiro e ter repetido xa unha vez na etapa.
c) Compromiso de cursar os módulos voluntarios aos cales se fai referencia no artigo 30.3º.c) da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
d) Informe favorable do Departamento de Orientación do centro.

4. Os programas de cualificación profesional inicial deberán responder a un perfil profesional.

5.A oferta de programas de cualificación profesional inicial poderá adoptar as seguintes modalidades:

a) Modalidade A, en que todos os módulos se imparten nun mesmo centro educativo.
b) Modalidade B, en que os módulos específicos se imparten nun centro educativo e os módulos formativos de carácter xeral e os módulos de carácter voluntario se imparten noutro.

c) Modalidade C, en que poderán participar as corporacións locais, as asociacións profesionais, as organizacións non gobernamentais e outras entidades empresariais e sindicais.

5.Hai unha oferta específica de programas de cualificación profesional inicial, adaptada para o alumnado con necesidades educativas especiais que non se pode integrar na modalidade ordinaria.
 

DOGA que regula os PCPI

Oferta formativa dos PCPI por provincia e concello. Galicia

Descrición dos programas. ME

  Ensinanza de Adultos

Non é moi frecuente que alumnos con 16 anos opten pola OPCIÓN de ensinanzas de adultos pero en determinadas circunstancias poden acceder a ela para conseguir o acceso á titulación de Graduado e conseguinte realización dun Ciclo Medio de FP.
 

Adultos: preguntas frecuentes
Probas libres Graduado Secundaria
Rede de centros educativos que imparten Educación de Adultos
Regulación das ensinanzas
Galicia. Ensinanza Especiais e adultos 

  O Mundo Laboral

Ao cumprir os 16 anos e no caso de non estar interesado en ningunha das opcións anteriores podes:
 

 
 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 
 
 










 


 



 

  

Luctor et emergo