Dereitos

A ESO

Opcións

 

                                               Orientación Educativa>Alumnos>1º-2º ESO>A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

   Inicio

   1º-2º ESO
   Ideas básicas
   Estrutura do Sistema Ed.
   Para saber máis

¿Que é a ESO?

A ESO é a etapa educativa continuación da Educación Primaria. É obrigatoria e gratuita, para todos os  cidadáns en idade escolar (ata os 16 anos). Completa a Educación Básica e abarca catro cursos académicos.
A súa finalidade é transmitir a todo o
alumnado os elementos básicos da cultura, formalo para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos, desenvolver e consolidar nel os hábitos de estudo e traballo,  e preparalo para a incorporación á vida activa ou para acceder á formación profesional específica de grado medio ou ao bachillerato.


Para saber máis ver o DOGA que a regula.

 
¿Cal é a súa duración?

 A duración da ESO e de catro anos académicos, se se promociona seguido aprobando todos os cursos.
Pero un alumno e os seus pais poden optar, desde o momento en que se cumpran os 16 anos de idade, por dar por finalizada a súa escolarización ob
rigatoria na etapa, nese caso estenderáselle a correspondente acreditación dos cursos e materias realizadas ata ese momento.
 

¿Como se promociona de curso?

Cadro resumo das diversas situacións

Situación académica do alumno ao final do curso

Posibilidades de promoción ou titulación

1º Con todas as materias aprobadas Promoción a 2º.
1º Con 1-2 materias suspensas Promoción a 2º con esas materias suspensas. Hai que recuperalas en 2º.
1º Con 3 ou máis materias suspensas. Repetición de curso.
1º Con 3 materias suspensas.
Excepcionalidade dependente de criterios obxectivos valorados polo Equipo Docente.
Promoción a 2º coas materias suspensas. Hai que recuperalas en 2º.
1º xa repetido Promoción a 2º. Se ten materias suspensas, hai que recuperalas en 2º.
2º Con todas as materias aprobadas Promoción a 3º
2º Con 1-2 materias suspensas (de 1º e/ou 2º) Promoción a 3º con esas materias suspensas. Hai que recuperalas en 3º.
2º Con 3 ou máis materias suspensas (de 1º e/ou 2º) Repetición de curso.
2º Con 3 materias suspensas.
Excepcionalidade dependente de criterios obxectivos valorados polo Equipo Docente.
Promoción a 3º coas materias suspensas. Hai que recuperalas en 3º.
2º repetido. Promoción a 3º. Se ten materias suspensas, hai que recuperalas en 3º.
En 2º:
Non estando en condicións de pasar a 3º, con 15-16 anos e xa ter repetido unha vez na Etapa, e cumprindo determinados requisitos.
Programa de Diversificación Curricular (PDC)

Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)

DOGA que regula a avaliación e promoción na ESO. LOE

¿Hai probas extraordinarias?
Na normativa actual, en Galicia hai probas extraordinarias nos primeiros días do mes de setembro para aqueles alumnos con materias non superadas.

¿Que materias se dan en 1º e 2º curso? (LOE: Galicia)

 
Áreas e materias

Períodos lectivos semanais.

Total

Lingua galega e literatura

4

3

7

Lingua castelá e literatura

4

3

7

Lingua estranxeira

3

3

6

 2º Lingua estranxeira

2

2

4

Ciencias sociais, xeografía e historia

3

3

6

Matemáticas

4

4

8

Educación física

2

2

4

Ciencias da natureza

4

3

7

Educación plástica e visual

2

-

2

Tecnoloxías

-

3

3

Música

-

2

3

Educación para a cidadanía e dereitos humanos

-

2

2

 Proxecto interdisciplinar

1

-

1

Relixión

2

1

3

Titoría

1

1

2

Períodos lectivos totais

32

32

 


Ver: Plan de Estudos na ESO (LOE)

¿Que título obterei?

O título de Graduado en Educación Secundaria. Pero...

Para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria:

1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria superase todas as materias e alcanzadas as competencias básicas e os obxectivos da etapa obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

2. Así mesmo, poderá obter o dito título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente que imparte no grupo considere que a natureza e o peso destas no conxunto da etapa non lle impediu alcanzar as competencias básicas e os obxectivos da etapa.

3. As decisións de titulación do alumnado con materias non superadas requirirán o acordo favorable da maioría simple do equipo docente.

4. O alumno que conclúe os seus estudos da ESO TEN A OPCIÓN de seguir estudando, pero también puede acceder ao  mundo laboral porque, con esta estapa rematou a educación considerada obrigatoria.

   

Gráfico do Sistema Educativo español

Organización do Sistema Educativo

O Sistema Educativo Español. ME

Os Sistemas Educativos Europeos

   

Educación Secundaria Obrigatoria. En Galego. Consellería XUNTA.

Educación Secundaria Obrigatoria. En Castelá. MEC

Recursos para alumnos ESO. CNICE

Recursos para alumnos ESO. Xunta de Galicia

Convalidación e homologación de títulos estranxeiros.

 
 

Colexio San Narciso - Marín

 Contacto jucarte48@hotmail.com

 
 
 










 


 



 

  

Luctor et emergo