Memorias

            Principal ] [ Memorias ] Estatutos ] Actividades ] Sendeirismo e Montaña ] Oportunidades ]     

                                                                     

           

   MEMORIA TEMPADA 2000/2001

                         

     Como en anos anteriores a Xunta Directiva quere dar conta do feito neste tempo, para coñecemento e aprobación se procede polos membros da Asemblea Xeral. A efectos de estructurala a información, facémola exposición por seccións e actividades:

 

SECCIÓN DE ADULTOS:

Ximnasia de mantemento:  Funcionaron dous grupos de 34 e 13 persoas en horarios de 8 a 9 e de 9 a 10 da noite, os luns e mércores no ximnasio do IES Antón Fraguas. Suprimimos as clases dos venres por baixa participación.

 

Aerobic:  Nesta actividade  tamén funcionaron dous grupos de 31 e 25  persoas en horario de 8 a 9 e de 9 a 10 os martes e xoves no xinmasio do IES de Formación Profesional. Estes grupos estiveron practicamente a tope.

 

Bailes de Salón:  Un só grupo con 20 parellas de tódalas idades en horas de 9 a 10’30 da noite os venres, tamén no ximnasio do IES de F.P ocupando o espacio máximo do local.

 

Baloncesto: Un grupo de socios practicou esta actividade os martes e xoves de 8 a 9 da tarde no ximnasio do Antón Fraguas; son persoas adultas que practican este deporte por diversión sen necesidade de entrenador.

 

Balón volea: Estiveron habitualmente 10 persoas no IES Antón Fraguas en horas de 9 a 10 da noite os martes e xoves, e como no caso do baloncesto tamén o practican por diversión.

  

Karate Do: Oito participantes.  E unha modalidade  algo parecida o Tai Chi e tiveron tamén clases de 9 a 10 os luns e mércores no ximnasio de F.P. con un entrenador da disciplina.

 

SECCION DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

 

Fútbol Sala

     Tivemos fútbol sala en idade escolar con 5 equipos en competición no Campionato Escolar e na Liga da Agrupación de Veteranos con 41 participantes. A saber:

Benxamín A: Formaron o equipo 6  nenos, entrenador Paco Garabal (camp. escolar)

Benxamín B: Formaron o equipo 7 nenos, entrenador Rubén e Gerardo (c. escolar)

Alevín:    9  rapaces con Rubén de entrenador  (campionato escolar)

Infantil: 10  rapaces con Alfredo de entrenador (campionato escolar)    

Cadete:  9   rapaces con Angel Casalderrey de entrenador (liga de veteranos)

      Esta actividade podía  ser mixta, pero  non se animou ningunha nena.

 

  Karate:  Un grupo moi estable a cargo dun entrenador cinto negro 1º Dan con 14 participantes é en aumento; tiveron entrenamentos os martes e xoves de 7 a 8 no ximnasio do IES Antón Fraguas.

 

Xadrez:  Con 8 participantes recibiron as súas clases os luns de 6 a 7 nos locais da Asociación de Veciños con un monitor.

 

SECCIÓN DE PATINAXE

 

    Esta é unha das actividades que millor  funcionaron e funciona dende hai varias temporadas, sempre coas mesmas profesoras e con unha media de 100 participantes na actualidade, sobre todo dende que colleu a responsabilidade da sección o directivo Ernesto Rives (Tito) que esta a facer unha gran labor polo clube.

    Estiveron divididos en 5 grupos según niveis de habilidade, a saber:

Grupo das máis pequenas os luns e mércores de 6,20 a 7,10 con 16 participantes.

Grupo das medianas os martes e xoves de 6,20 a 7,10 con 20 participantes

2º grupo medianas os martes de 7,10 a 8 e os sábaso de 12 a 13 h. con 25 particip.

Grupos das maiores os xoves de 7,10 a 8 e os sábados de 13 a 14 h. con 28 partic.

O grupo de patinadore/as federado/as tiveron entrenamento gratuíto a maiores os venres de 7,00 a 9 da tarde.

   Participóuse en varias competicións e exhibicións, sendo as máis destacadas o Encontro de escolas deportivas de patinaxe artístico local que organizou o Concello de Santiago en Vite, o campionato local celebrado en Bartamiráns,  a competición de niveis que organiza a Federación de Patinaxe  e a participación na Gala Nacional que organizou a Asociación de Escleróse Múltiple da Coruña. Temos que destacar o esforzo que estan a facer as participantes e monitoras  para quedar nos bos  lugares que estan quedando alí a onde van.

   O Clube en toda a súa estructura, ten por diante un compromiso excepcional coa patinaxe artística, ó asumila organización da Gala Federación que anualmente se celebra a nivel galego para a entrega de premios ós campións das diferentes categorías. O ano pasado foi en Cangas e este ano será no pavillón de Santa Isabel o día 8 de decembro; esperamos a colaboración de tódolos socio/as neste evento.Unha comisión de cinco directivos e un membro da federación  está a traballar na busqueda de “sponsor” e organización da gala.

 

SECCIÓN DE   “MONTE DOS POSTES

   Por encargo do  Dep. de Deportes do Concello, o noso clube fíxose cargo das actividades deportivas do colexio, funcionando con normalidade os seguintes grupos:

Os luns e mércores de 4’30 a 5,25 o grupo de predeporte con 24 neno/as e de 5,25 a 6’20 h. entrena o equipo de fútbol sala Alevin  con 12 xogadores.

Os martes e xoves de 4’30 a 5’25 h  entrenaron en karate 6 nenos  é en patinaxe iniciación  22 neno/as, compartindo pista na mesma hora.

En horario de 5’25 a 6’20 nos mesmos días, estiveron  o 2º grupo de patinaxe con 20 al.

Hai duas entrenadoras por cada grupo  para mellor atención dos rapace/as.

Os martes e xoves existiú servicio de transporte escolar con recollida as 4’30 horas.

O equipo de fútbol sala participou no campionato en idade escolar escolar con entrenador, é ademáis dispoñemos de dúas persoas con titulación universitaria en educación infantil para coordinación e atención ós alumnos na aula de estudio e acompañante no transporte escolar, na viaxe de volta as 6’30 horas.

 

SECCIÓN DE MONTAÑA

 

    Nesta Sección a información detallada das actividades realizadas e dos ingresos e gastos danse na asemblea de federados que se celebra tódolos anos no mes de novembro; non obstante eiquí comentaremos os feitos máis importantes da tempada: no mes de xullo do 2000 fíxose unha viaxe O Tirol (Austria) de 9 días de duración, con un autobús completo que resultou un éxito polo bo ambiente das persoas participantes e a beleza desas terras.

 

     No mes de decembro houbo que suspender a viaxe a Granada por falta de persoal; en xaneiro esta Sección organizou o Euro Rando 2001 en colaboración coa Federación Galega de Montaña, asombrando ó resto de clubs de Galicia pola precisión e puntualidade na nosa zona; o clube gañou moito prestixio neste evento  gracias a Xosé Manso e moitas persoas que lle axudaron. En maio asinaóuse o convenio do “mes da aventura” gracias o cal se fixeron as viaxes a Portugal, As Médulas, Río Lérez e Cabo Prior. Hai que reseñar a repercusión en prensa que tivo a ascensión o Espiguete (Palencia) e Pena Trevinca.

 

     Logo de facer saídas case tódolos domingos da tempada, a broche de ouro a puxo a viaxe a Dolomitas (Alpes) que xa é de todos ceñecido que millor non podía sair. Actualmente está o amigo Agustín ornaizando a viaxe fin de ano por terras da Bretaña francesa.

 

     Alguhna cousa que se fixo quedará sen expoñer, pero na propia asemblea teremos ocasión de explicar todo aquelo que interese.

 

                                                  Santiago de Compostela a 10 de setembro de 2001

 

   

 

 

    Principal ] [ Memorias ] Estatutos ] Actividades ] Sendeirismo e Montaña ] Oportunidades ]

    Enviar correo electrónico a estegui@usc.es con preguntas ou comentarios sobre este sitio Web.
    Última modificación: 26/03/04