|
|
|
ESTATUTOS
CLUB DEPORTIVO FONTIÑAS (Modificados o 16.9.1996) Correxidos no
Gabinete de normalización linguistica en maio de 2000
DISPOSICIÓNS XERAIS, DENOMINACIÓN, ENDEREZO, ÁMBITO, FINS, MEDIOS E PATRIMONIO Artigo
1 : O Club Deportivo
Fontiñas é unha asociación con personalidade xurídica e capacidade de obrar,
da que o obxeto exclusivo será o fomento e práctica da actividade física e
deportiva, sen ánimo de lucro. Artigo 2 :
O Club Deportivo Fontiñas praticará como
principal a modalidade polideportiva, e as seccións que para tal fin
acorde crear a súa xunta directiva, poderanse afiliar ás respectivas federacións
galegas, que someterán estes Estatutos á aprobación da Secretaría Xeral para
o Deporte da Xunta de Galicia. Artigo
3 : O Club Deportivo
Fontiñas desenvolverá as súas actividades preferentemente no Polígono das
Fontiñas, dedicando especial atención ós membros da comunidade escolar. Artigo
4 : O Club Deportivo
Fontiñas regularase polos presentes Estatutos, e no seu defecto pola normativa
xeral que lle sexa de aplicación. Artigo
5 : O Club Deportivo
Fontiñas contará cun presuposto e patrimonio propio, non podendo destinar os
seus bens a actividades de tipo
económico que teñan como fin o lucramento dos seus socios. Artigo
6 : O Club Deportivo
Fontiñas poderá percibir doazóns, subvencións ou calquera outro tipo de
ingreso moble ou inmoble, de acordo coa normativa vixente.. Artigo
7 : O enderezo do Club
Deportivo fíxase na Rúa Varsovia 4 C-4º , 15707
Concello de Santiago, provincia de A Coruña. Artigo
8 : O Clube Deportivo
Fontiñas ten como fins principais: -
Promove-la práctica de actividades deportivas -Favorecer
e potenciar a participación da comunidade nas actividades ximnástico-deportivas -
A promoción do desenvolvemento físico-cultural -
O desenvolvemento de calquera actividade acordada pola Asemblea Xeral. Artigo
9 : Serán patrimonio do
Club: -
As subvencións e doazóns -
Os bens mobles e inmobles rexistrados como propiedade -
As cotas, se é o caso TÍTULO IDOS SOCIOS : CLASES, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS Artigo
10 : Os socios poderán ser de número e
honorarios.
Son socios de número aqueles que de acordo cos criterios recollidos nos
presentes Estatutos, acaden esta condición, có cumprimento previo dos
requisitos aprobados pola Xunta Directiva.
Son socios honorarios aqueles que, por proposta polo menos de tres
membros da Xunta Directiva, sexan nomeados pola maioría da Asemblea Xeral.
O número de socios de número e honorarios é ilimitado. Artigo
11 : Os socios de número terán os seguintes dereitos: a)
Coñecer e participar nas actividades do Club b)
Examinala documentación de que dispoña a Xunta Directiva. c)
Elixir e ser elixido como
membro da Xunta Directiva d)
Participar con voz e voto nos debates da Asemblea Xeral. Artigo
12 : Son obrigas dos socios: a)
Contribuír ó cumprimento dos fins establecidos polo Club b)
Contribuír ó sostenemento e difusión das actividades do Club c)
Acatar as disposicions acordadas pola Asemblea Xeral e pola Xunta Directiva d)
Cumplir co disposto nos Estatutos do Club Artigo
13 : A solicitude de admisión como socio
farase por escrito dirixido ó presidente da xunta directiva. A solicitude de
admisión supón o compromiso de cumprir coas obrigas establecidas nos Estatutos
do Club. Artigo
14 : A condición de socio prderase
por baixa voluntaria, ou por decisión da xunta directiva, que deberá ser
someta á aprobación maioritaria da Asemblea
Xeral. TÍTULO II : DOS ÓRGANOS DO CLUB Artigo
15 : Son órganos do Club, a Asemblea Xeral
e a Xunta Directiva A
ASEMBLEA XERAL Artigo
16 : A Asemblea Xeral é o máximo órgano
de decisións do goberno do Club. A Asemblea Xeral está integrada por tódolos
socios de número. Artigo
17 : Son funcións da Asemblea Xeral:
- Aprobar o plan de actividades do Club
- Elixir ós membros da Xunta Directiva. -
Aproba-la memoria, os presupostos e o estado de contas do Club. -
Aproba-lo cesamento da Xunta Directiva; o cesamento deberá ser acordado por
unha maioría de tres quintos do número
total de socios do Club. -
Acorda-la aprobación e modificación dos Estatutos do Clube -Acorda-la
disolución do Club, que deberá ser acordada por unha
maioría de tres quintos do número total de socios do Club. -
Aproba-lo réxime disciplinario do Club. -
Aproba-la modificación dos Estatutos ou a disolución do Club. Artigo
18 : Celebrarase Asemblea Xeral ordinaria
de socios polo menos unha vez ó no. Poderase celebrar Asemblea extraordinaria,
por petición do Presidente do Club, da maioría dos membros da Xunta Directiva,
ou dos dous quintos do número total
de socios. A XUNTA DIRECTIVA Artigo
19 : A Xunta Directiva estará formada por
un número mínimo de cinco membros. Integran a Xunta o/a Presidente/a,
Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e Vocais. Artigo
20 : Os cargos da Xunta Directiva serán
elexidos por un período de dous anos, renovables por metades cada ano. Artigo
21 : Corresponden á Xunta Directiva as
seguintes funcións:
- Levar a fin os acordos aprobados pola Asemblea Xeral -
Elabora-lo plan de actividades para sometelo á aprobación da
Asemblea Xeral. -
Elaboración e aplicación do réxime disciplinario do Club. -
Executa-lo plan de actividades aprobado pola Asemblea. -
Cumprir e facer cumpri-los Estatutos. -
Acorda-la alta e baixa dos socios. -
Elexir de entre os seus membros os distintos cargos, incluído o Presidente/a,
nomear as comisións e os órganos das seccións e escolas deportivas que se
acorden crear. Artigo
22 : A Xunta Directiva quedará validamente
constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus
membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos de
tres dos seus membros. Artigo
23 : A xunta Directiva reunirase logo da
convocatoria do seu presidente/a ou por acordo da terceira parte dos seus
constituíntes. Artigo
24 : Exercerá de secretario/a o/a Vocal
nomeado a tal efecto pola Xunta Directiva. Artigo
25 : E función do secretario/a: -
Redactar e asina-las actas das reunións da Asemblea Xeral e da
Xunta Directiva. -
Ler e somete-las actas á aprobación da Asemblea e da Xunta
Directiva -
A garda e custodia do libro de actas da Xunta Directiva e da
Asemblea Xeral -
Arquivar e coidar a documentación do Club. Artigo
26 : O/a tesoureiro/a será elexido pola
Xunta Directiva de entre os seus membros. Artigo
27 : Son funcións do/a
tesoureiro/a: -
Asinar xunto co/a Presidente/a tódolos documentos contables do Club.
- Dar de alta e baixa os socio/as.
- Asinar recibos e executar pagos. -
Presentar á Asemblea a memoria contable e os Presupostos do Club.
- Levar ó día se é o caso, as cotizacións dos socio/as Artigo
28 : Será elexido/a presidente/a do club,
o directivo/a que obteña o maior número
de votos na Xunta Directiva. Artigo
29 : Son funcións do/a presidente/a:
- Representa-lo club -
Presidir e coordinar as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva. -
Asina-lo visto e prace das actas de reunión da Asemblea Xeral e da Xunta
Directiva. -
Levar a cabo tódalas accións necesarias para acada-los fins do club. -
Convocar reuinións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral.
- Xestiona-lo patrimonio do club.
- Presenta-la memoria de actividades á Asemblea Xeral.
- Firmar acordos e convenios para acada-los fins do club. TÍTULO III : DAS SECCIÓNS E ESCOLAS DEPORTIVAS Artigo 30: As seccións
deportivas créanse para a práctica dunha modalidade deportiva por acordo da
Xunta Directiva do Club. Artigo
31 : As seccións deportivas creadas, poderán
federarse, debendo cumprir para tal fin o disposto pola regulación vixente. Artigo
32 : A supresión dunha sección deportiva deberá ser acordada pola Xunta
Directiva e contará coa aprobación da Asemblea Xeral. Artigo
33 : A creación dunha sección deportiva
representará a obriga de crear o seu órgano responsable, que estará constituído
polo menos por un coordinador e un secretario. Artigo
34 : Son funcións do coordinador: -
Promover e levar a cabo tódalas accións precisas para o normal desenvolvemento
da súa actividade. -
Dar conta á xunta directiva das
actividades realizadas con
periodicidade trimestral ou a requirimento desta. Atigo
35 : Son funcións do
secretario: -
A execución de tódolos trámites necesarios para o normal desenvolvemento da
actividade da Sección. -
Dar en garda e custodia ó Secretario da Xunta Directiva toda a
documentación correspondente á Sección. Artigo
36 : A Xunta Directiva pode acorda-la
creación de Escolas Deportivas, para o cal está capacitada para desenvolver as
accións precisas. Artigo
37 : As escolas deportivas creadas polo
Club Deportivo Fontiñas rexeranse pola normativa propia que lle sexa de
aplicación e substitutoriamente polo disposto nestes Estatutos. TITULO IV : DA DISOLUCIÓN DO CLUB Artigo
38 : A disolución do Club deberá ser
acordada pola Asemblea Xeral por maioría absoluta, debendo representar polo
menos as tres quintas partes do número total de socios. Artigo
39 : En caso de disolución o patrimonio do
Club reverterá onde acorde a Asemblea Xeral.
Santiago de Compostela, setembro de 1994 |
|
Enviar correo electrónico a estegui@usc.es con preguntas ou comentarios sobre
este sitio Web.
|