|
|
|
CLUBE DEPORTIVO FONTIÑAS
S E T E M B R O Domingo, 30
: A MARRONDA (Lugo)
Saída:. Ás 9 da mañá da Praza Roxa e ás 9,15 da porta principal de Área
Central.
Percorrido:
Entre regatos que desbordan os camiños, corredoiras de
pedra e bosques mistos cruzamos Estornín, Ladride e Cubilledo ata o remate
desta bonita ruta circular Dificultade
física/técnica: Baixa
. Distancia aprox.: 15 km
. Guías: Maví e
Felipe
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
O U T U B R O Domingo, 7
: MOSTEIRO DE OSEIRA (Pontevedra)
Saída:. Ás 9,30 da mañá da porta principal de Área Central, e ás 9.45
da Praza Roxa.
Percorrido: Partirase de Castro Dozón (restos dun antigo castro) seguindo por
bosques mixtos de carballo e castiñeiro (fraga de Catasós-monumento natural-)
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 15 km
. Guías: Gil and
company
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
Venres, 12 - Domingo, 14
: PICOS DE EUROPA (Asturias)
Saída:. Ás 8 da mañá da porta principal de Área Central.
Percorrido: Venres: Subida, con
todo o material, dende os lagos de
Covadonga, onde nos deixa o bus, ata o refuxio de Vega Redonda (3 horas aprox.)
. Dificultade física/técnica: media. Sábado: Ruta circular de Peña Santa de Castilla. Excepcional
vista do Macizo Central e a garganta do Cares. Desnivel: 1.100 m. Duración: 9
horas. Dificultade física/técnica: alta. Farase unha ruta alternativa polo mesmo sitio pero máis doada. Domingo: Mirador de Urdiales. Visita ós
restos do marqués de Villaviciosa.
Dificultade física/técnica: alta. Guías: Suso K2 e Jose R.
Prezos: 12.500 ptas. socios federados/13.5000 ptas. socios non federados/ socios
temporais 15.000 ptas. (estes prezos inclúen desprazamento, aloxamento,
almorzos e ceas). O prezo é menor se non inclúe os almorzos e ceas
.
Observacións: Hai que levar saco, esterilla, roupa de abrigo e a comida
para estes dias. É aconsellable
estar federado. Nº máximo de prazas: 40.
Domingo, 14
: Santiago-Piñor (PEDROSO)-Santiago
Saída:. Ás 9,30 da mañá diante do estadio da Santa Isabel.
Percorrido: subiremos ó monte Pedroso, pasaremos por Figueiras, Piñor e Brins ata
chegar de novo a Sta. Isabel
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 20 km
. Guías: Manuel
Ferreiro e Mariano Val
. Prezo: 500 ptas. socios / 700 ptas. socios temporais
.
Domingo, 28
: MUGARDOS (Ferrol)
Saída:. Ás 9 da mañá da Praza Roxa e ás 9,15 da porta principal de Área
Central.
Percorrido: Saese de Mugardos para visitar o castelo militar e as antigas baterías.
Subiremos ata o monte Faro e visitaremos os restos dun antigo mosterio do século
XIII e outros restos arqueolóxicos. Baixaremos logo á praia de Chanteiro para
volver logo ata Mugardos
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 17 km
. Guía: Club Pórtico
(Fene)
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
N O V E M B
R O Xoves, 1 - Domingo, 4
: PARQUE NATURAL DE SOMIEDO (Asturias)
Saída:. Ás 8 da mañá da porta principal de Área Central.
Percorridos: Pasaremos estes dias polas Brañas e os lagos de Saliencia,
subiremos ó Pornacal… e o domingo visitaremos o museo etnográfico de Veigas
e á área forestal da Malva
. Dificultade física: Alta. Dific.técnica: Baixa
. Prezo: 15.000 ptas. socios (durmindo en saco) / 16.000 ptas. socios (durmindo
con sabas)
. 17.000 ptas. socios temporais (durmindo en saco) / 18.000
ptas. socios temporais (durmindo con sabas). Estes prezos inclúen
desprazamentos, aloxamento, almorzos e ceas. Guia:
Roberto (do refuxio de Saliencia).
Domingo, 11
: PORTO DE ANCORADOIRO - PRAIA DE LARIÑO (Muros)
Saída:. Ás 9,30 da mañá da porta principal de Área Central, e ás 9.45
da Praza Roxa.
Percorrido: Dende o porto de ancoradoiro sairemos cara ó cruceiro de Santa
Cruz, Muiño do Vento e ó Monte Ouroso, no lugar de Taxes. Disfrutaremos
da vista da ria de Muros e Noia
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 12 km
. Guías: Carmen e
Beni
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
Domingo, 18
: TRADICIONAL MAGOSTO en CONXO Saída:. Ás 10:30 da mañá da porta principal de Área Central.
Percorrido: Dende Area Central ata a finca de Carmen e Beni en Conxo
. Dificultade física/técnica: Baixa
. Distancia aprox.: 12 km
. Guías: Beni e
Marcelino
.Observacións: Cada camiñante levará a súa comida que será compartida
entre todos. Das castañas e a bebida encargase o club. Non vos esquezades de
apuntarvos con anterioridade.
Domingo, 25
: CAMPO LAMEIRO (Pontevedra)
Saída:. Ás 9,30 da mañá da porta principal de Área Central, e ás 9.45
da Praza Roxa.
Percorrido: Ruta circular que, partindo da Vila de Campolameiro, sobe ó monte e
percorre os petroglifos inscritos nas rochas da zona. Despóis baixaremos á
fermosa carballeira de San Xusto
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 20 km
. Guías: Manuel
Ferreiro e Carmen Pardo
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
D E C E M B
R O Domingo, 2
: CARNOTA (A Coruña)
Saída:. Ás 9,30 da mañá da porta principal de Área Central, e ás 9.45
da Praza Roxa.
Percorrido: Sáese de Pedra Figueirao ou Pedra Malade, en Carnota. Súbese ás
Forcadas para baixar logo ata o Faro de Punta Insua
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 16 km
. Guías: Modesto
Toribio
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
Xoves, 6 - Domingo,9
: MONTES DE GREDOS
Saída:. Ás 7 da mañá da porta principal de Área Central.
Percorrido: Subiremos ó Almanzor e faremos outras rutas pola zona
. Dificultade física/técnica: Moi alta
. Guías: Suso K2 e
Antonio Márquez
. Prezo: 21.000 ptas. socios federados/ 23.000 ptas. socios temporais federados
. Observacións: Hai que levar a comida destes días e material de montaña:
piolet, crampons, gafas, luvas, protector solar, roupa de abrigo. É obrigatorio
estar federado. Nº máximo de prazas: 40.
Domingo, 16
: CHELO (Betanzos)
Saída:. Ás 9 da mañá da Praza Roxa e ás 9,15 da porta principal de Área
Central.
Percorrido: O noso obxectivo será chegar ó centro de Betanzos seguindo o río
Mandeo. Subiremos á ermida da Espenuca, disfrutaremos dos sendeiros de
pescadores do coto de Chelo e veremos o lugar onde se celebra a famosa festa dos
Caneiros
. Dificultade física/técnica: baixa
. Distancia aprox.: 15 km
. Guías: Carlos Gómez
e Luci
. Prezo: 1300 ptas. socios / 2000 ptas. socios temporais
.
Venres, 21
:
CEA DE NADAL
Prazo para
anotarse: Ata
o xoves, 20. Prezo: 3000 ptas. aprox.
Observacións: Estase a concretar o
restaurante onde cearemos.
Do 28 de
decembro ó 5 de xaneiro: EXCURSIÓN DE
FIN DE ANO POLA BRETAÑA
FRANCESA NOVAS
VARIAS:
Se vos queredes informar e anotar, tanto en temas de sendeirismo como do
resto de actividades do club podedes facelo na oficina do club, de luns a venres,
en horario de 11 a 13 e de 17 a 21 horas.
Xa sabedes que o club realiza tamén actividades
de escalada. Os que esteades interesados chamade ó club para que vos poñamos
en contacto coas persoas que as organizan.
Todos os que queiran preparar rutas poden presentar por escrito a súa
proposta no club, que pon a súa disposición os mapas e libros que temos.
O club pon a disposición dos seus socios federados
o material de montaña (piolet, crampóns, arneses, cordas ou tendas) do que
dispón. O nº do TELÉFONO MÓBIL para levar nas saídas ou para algunha urxencia. é o 654 76 83 40. CONDICIÓNS
PARA ANOTARSE: Os
socios do club teñen preferencia para anotarse nas saídas ata o xoves. Só
se farán efectivas as inscricións no momento de pagalas, ben no club ou
polo banco (nº de conta: CAIXA GALICIA
- 2091-0348-16-3040010668 -especificando o voso nome e o sitio da saída). Neste
último caso chamade antes para ver se hai sitio e, ó día seguinte, tedes que
enviar copia do resgardo bancario por fax ou ben avisar por teléfono. Neste
caso levade tamén o xustificante do ingreso o día da saída .As persoas que se
anoten por teléfono, teñen un prazo de 24 horas para pagar. Só se admitirán
os pagos no bus no caso das persoas que se avisaran da lista de agarda. É fundamental a puntualidade. Por
favor, se vos queredes dar de baixa nunha
ruta tendes de prazo ata o xoves
anterior. NAS
CAMIÑADAS REPETIDAS TERÁN PREFERENCIA AS PERSOAS QUE QUEDARAN EN LISTA DE
ESPERA. Non
esquezades que hai un MATERIAL
ACONSELLADO que se debe levar sempre, aínda que faga bo tempo (xa coñecedes
o noso clima). Este material é: -
Botas resistentes á auga cunha boa sola.
- Chuvasqueiro ou capa e pantalón de auga -
Roupa de abrigo.
- Comida e cantimplora con auga. -
Mochila mediana
- Bolsa para o lixo. Os
participantes nas saídas atenderán ás instruccións dos guías e poñerán no
seu coñecemento calquera incidente. Para
evitar rompe-lo ritmo ou perdas de xente, deberás ter en conta: -
Nunca adiantes ós guías. -
Se paras por algunha causa, avisa a un compañeiro. -
Nos cruces e desvíos, antes de continuar o percorrido, indícalle o camiño o
grupo que vaia atrás ou agarda por eles. É moi recomendable estar
federado xa que, en caso de accidente, o club non se fai responsable.
Lembrade tamén
a colaboración coa Sociedade de Montaña
Artabros da Coruña. No club temos información das súas actividades. Tamén
podedes chamalos de 20 a 22 horas ó tel.: 981 21 31 15. |
|
Enviar correo electrónico a estegui@usc.es con preguntas ou comentarios sobre
este sitio Web.
|