Currículum do grupo

 

Alfolíes e unha formación que ten a súa orixe no grupo "Sementeira do mar de Bouzas" fundado no ano 1980 por Faustino Jesús García Pereira; o mestre "Suso". No ano 1984 cambia definitivamente o nome polo de Alfolíes, mantendo a mesma formación e unha especial paixón pola música tradicional galega, ísto lévalles en pouco tempo a acadar premios en importantes concursos, ("Festival Celta de Vigo" no ano 1986, ou o terceiro posto acadado no "1º Certame de grupos e bandas de gaitas da TVG") Alfolíes vai acadando o seu propio sonido participando nos mais importantes festivais de Galicia e parte do estado español.

Alfolíes esta considerado dende finais dos oitenta como uns dos mellores grupos de música tradicional galega , participando en numerosos certamens de música tradicional por toda España (Madrid, Granada, Santander) e Galicia como:

  • "Festival Celta de Vigo 1986"
  • "Cantigas do Maio" Lisboa 1993
  • "I e III Certame de grupos e bandas de gaitas de gaiteros xoves". As Pontes
c

 

.Daquela formación de fai 20 anos en Alfolíes permanecen o gaiteiro Fernando, Fidel no bombo e percusión e o fundador Suso na pandeireta e percusión.

A inquedanza pola investigación e profundización na nosa música lévalles ó plantexamento de facer un folk mais actual conservando,por suposto, o respeto pola música tradicional da que moitas veces parten para facer composicións con arranxos mais vanguardistas

Todo isto provocou a incorporación de novos membros: Pais, Jose Liz e Carlos, e unha nova instrumentación: Bouzouki, Djembé, flautas, acordeón... que aportarían novas ideas e novos camiños que explorar. Pero sen dúbida o auténtico revulsivo de Alfolíes foi a incorporación da voz de Uxía Cribeiro, feito que produciría un auténtico cambio estilístico no grupo.

 

Todos estes cambios teñen moi pronto os seus frutos e alfolíes queda finalista do "I Concurso de grupos Folk" en Navelgas - Asturias, e gañan o "I Certame de música folk de Radio Obradoiro" no ano 2000, o que lles permite grabar unha magnífica maqueta ese mesmo ano. A cálida e sorprendente voz de Uxía, coas composicións de Fernando e os arranxos de Alfolíes fan deste grupo unha das mellores bandas no panorama folk galego