Carlos Pintos Vázquez - Acordeón
Nado o 16 de Decembro de 1968 en Verdun (Francia). En 1978 ingresa no conservatorio de música instrumental de Florange (Francia). Alí recibe clases de un dos mais prestixiosos profesores do mundo Jean Claude Mausoleo. Especializase en "musette" e música de baile.
Participa en varios concursos e campeonatos na categoría variete e música moderna onde logra numerosos trofeos e medallas.
Campeón rexional no ano1981
Campeón de Francia no ano 1982
Campeón de Europa no ano 1983
É membro do Acordeon Club de la Seille. En 1985 fixa a súa residencia en Vigo (España), onde deberá deixar as súas clases por falta de mestres. Retomando os seus estudios en 1996 realizando varios cursos (Lisboa, París).
Comeza a interesarse polo folk, primeiro realizando xiras con artistas contrastados como o cantautor Xil Ríos. Actualmente é membro do grupo Alfolíes.
Na actualidade exerce de mestre de acordeón e segue en contacto con os grandes mestres do acordeón franceses.
Jose Liz de Cea - Bouzouki
Nado en Vigo en 1972. Comeza a súa andaina musical os 18 anos tocando a flauta de xeito autodidacta e a gaita galega cos mestres Enrique Otero, Nazario González"Moxenas" e Antón Corral.
Xunto co guitarrista Daniel Vilar e o percusionista Isaac Álvarez fundan os grupos "Salterium" (Folk-Rock) e máis tarde "Beladona"(Folk). Con estas formaciones gravou os albume:
Ademais dos seus coñecementos en canto a instrumentación de vento, tamen comenza no ano 1998 a investigar instrumentos de corda como o Bouzouki, a guitarra portuguesa, a mandolina e a guitarra acústica con diferentes e particulares afinacións. Esta síntese de músico de vento e corda, tanto de directo coma de sesión lévalle a facer numerosas produccións e colaboracións con outras formacións,
Nos seus últimos proxectos atópase a grabación da B.S.O. do filme "O lapis do carpinteiro" de Antón Reixa na dirección e Antón Seoane (Milladoiro) na composición; ademais das maquetacións e grabacións do seguinte álbum de Beladona e do primeiro de Alfolíes
Actúalmente pertence as seguintes formacións:
Beladona, Banda de gaitas "Xarabal", Alfolíes, Tres trastes trío, Cuarteto de música irlandesa
Suso Gracia - Pandeireta, Pandeiro, Ferriño
Comezou no mundo do folclore no coro de canto e baile tradicional "Lembranzas Galegas" a la polo ano 1958. Mais tarde completou a súa formación como bailarín no grupo de coros e danzas da sección femenina. Durante todos estos anos foi adquirindo coñecementos de instrumentos tradicionais como autodidacta.
No ano 1979 formou o grupo "Sementeira do mar de Bouzas" que mais tarde bautizaríase como "Alfolíes".
Dende o ano 1978 asta a actualidade, colaborou na fundación, formación, e dirección de diferentes grupos folclóricos.
Grabacións
No ano 1967 gravou un disco con "Lembranzas Galegas"
Con Alfolíes gravou duas fantásticas maquetas.
Miguel Anxo Pais - Percusionista
Nado no ano 1975 en Vigo. Leva vivindo no ambiente da música tradicional case que 20 anos. Formou parte de varios grupos e agrupacións como: "Ardentia", "Salterium".
A súa formación ven dada por mestres como "Chuco" (Chouteira), Marcos Valcarcel, Anxo Pintos ou Antón Corral.
Fernando Pérez - Gaita e Flauta.
Nado en Bouzas no ano 1971. Comenza a súa traxectoria musical no grupo "Sementeira do mar de Bouzas", banda que trocaría o sue nome polo de Alfolíes, no ano 1981. Primeiro tocando a pandeireta para pouco máis tarde empezar a toca-la gaita sendo alumno do fundador do grupo "Suso", e do ex-membro de Alfolíes Anxó Pintos.
En 1985 entra a formar parte como membro fundador da banda de gaitas "Xarabal", tocando a percusión, tendo actuacións tan importantes como as seguintes: "Festival Interceltico de Lorient" 1986 "Festival Interceltico de Quimper" 1990. Abandona "Xarabal" no ano 1988
No ano 1996 comenza a colaborar como gaiteiro nos directos do grupo "Berrogüetto", participando con eles na xira do seu disco "Navicularia", (verán do 1997) xira que o levará a actuar por toda España asi como Alemaña e Austría.
Na súa formación destaca:
Curso de gaita escocesa impartido por Jean Luc Le Moing organizado polo Comite de hermanamiento Vigo - Lorient 1989
Tres anos de gaita na Universidade popular de Vigo
Dous anos de Zanfona na Universidade Popular de Vigo
Grabacións:
Participa como acompañante do gaiteiro solista Anxo Pintos na grabación de "Finalistas I trofeo fin de siglo"
"Instrumentos musicales populares galegos" grabado con "Xarabal" e có grupo didáctico da Universidade de Vigo.
Con "Berrogüetto" participa na grabación do disco en directo "Tanz and Folk Fest" en Rudolstadt (Alkemaña) no ano 1997.
Uxía Cribeiro Galego - Voz
Nada en Cedeira en 1980. Comenza a súa traxectoria musical no ano 1989 na coral polifónica "Eixil" de Cedeira, formando parte desta agrupación ata o ano 1993.
No ano 1993 entra a formar parte da asoiciación cultural "Estelas da noite" de Cedeira; alí recibe clases de percusión e canto tradicional de mans de Xabier Díaz. Con este grupo de pandereteiras de nome "Alim", gaña en distintos anos primeiros e segundos premios nos concursos organizados polas agrupacións "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela, e "Xacarandaina" de A Coruña.
No ano 2000 entra a formar parte de grupo "Alfolíes" de Vigo como voz solista.
Fidel Diéguez - Bombo e percusións varias
Nado en Vigo no ano 1968. Comenza a súa andadura na música no ano 1980 co grupo "Sementeira do mar de Bouzas" .
Participa con Alfolíes en numerosos certamens e encontros de música tradicional por toda Galicia. No ano 1985 entra a formar parte da banda de música "Xarabal" e participa con ela en encontros de música tradicionalpor toda Galicia, Francia e Portugal ("Festival Celta de Vigo 1986, "Festival Intercéltico do Morrazo" 1987 "Festival Intercéltico de Lorient" 1986). Abandonando o grupo en 1988.
Grabacións
Participa na grabación do disco "Finalistas I trofeo fin de siglo" como acompañante do gaiteiro solista Anxo Pintos.
Graba con "Xarabal" o disco "Instrumentos musicais galegos" co grupo didáctico da Universidade de Vigo.
|
Compoñentes
de Alfolíes
|
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |