O LOBO, O RAPOSO E O HOME
Xuntáronse unha vez un lobo e un raposo e puxéronse a falar dos inimigos que cada un tiña. E o raposo dixo que o máis malo de todos era o home.
¿O home?- dixo o lobo
que nunca o vira-. ¿E como é ese home?
O raposo díxolle como era e non lle pareceu ao lobo tan
terrible, polas señas que lle daba, pero entráronlle ganas de
coñecelo e preguntoulle ao raposo se llo podía ensinar.
-Si- contestou o raposo-. Vamos ata aquela aldea e alí ensinareiche eu un.
Saíron de cara á aldea e polo camiño encontraron un vello arrimado nun caxato. Nada máis velo, o lobo preguntou:
¿Aquel é o home?
Non respondeu
o raposo-. Aquel xa foi.
Seguiron andando e encontraron un pequeno. O lobo volveu preguntar:
¿Aquel é o home?
Non respondeu o raposo-. Aquel aínda ha ser.
E seguiron andando e encontraron un cazador. Entón dixo o raposo:
Ai, compadre, alí vén un home
E dixo o lobo:
Pois
eu quería dar unha loita con el.
Foron indo cara o sitio de onde o cazador viña e o cazador ao chegar perto deles, disparou un tiro e bateulle ao lobo nun oído e dixo este:
¡Caramba para o home! ¡ Tiroume un aturuxo que por pouco me
atonta!.
Pero así a todo quería dar unha loita e o raposo foino
levando xunto dun ferreiro que estaba traballando na forxa, e
díxolle o raposo ao ferreiro:
Meu compadre vén buscando con quen loitar.
E o ferreiro díxolle:
Estou caldeando aquí un ferro.
E púxose a roxar unhas tenaces e, dende que as tivo ben roxas, dixo:
¡Vamos xa!
E botoulle as tenaces ao fociño. Entón o lobo xa non quixo loitar máis e despois dicíalle ao raposo:
- ¡Caraina co home! ¡Parece que ten a arte do demo! Agarroume con dous dedos e levoume a metade do fociño. Se me bota a man toda, ¡levaríame a cabeza!.
![]()