O Incio Web Site

| |

O Incio Terra Brava

 

RUTAS SENDERISMO NO INCIO

1. O Incio - Castro de Novelín - O Incio
2. Romariz - Covas de Toldaos - Romariz
3. Ruta do ferro
4. A Casela - Os Catro Cabaleiros - A Casela
5. Muiño de Trascastro - Santa Mariña - Muiño de Trascastro
6. Muiño de Trascastro - polo río Cabe seco - Muiño de Trascastro
7. Eirexalba - Embalse - Eirexalba
8. O Incio - Foilebar - Poio - Cebreiro
9. O cauce do río Cabe

 

RUTA 1

Itinerario: O Incio - Castro de Novelín - O Incio
Dificultade: Media
Distancia: 8 Km
Duración: 2 h 30 min


Dende o pobo do Incio farase a saída, partiremos tomando a Casa do Concello como referencia en dirección a Mourelle pola pista asfaltada que accede á parte de Mourelle vella, chegados á primeira casa, en ruinas, collemo-lo carreiro que vai a súa dereita. Seguimo-lo camiño dirección a Godral, e unha vez alí buscamo-lo carreio que vai dende a parte baixa do pobo en dirección a Sirgueiros (se é en época húmida e fácil que o camiño leve auga). Todos estes camiños descurren entre frondosos castiñeiros, carballos e outras árbores, polo que no verán ademais da fermosa paixaxe poderemos disfrutar das súas expléndidas e frescas sombras. Chegados a Sirgueiros tiraremos cara a parte fonda do pobo na busca doutro camiño que vai cara Novelín, baixaremos ata un regato e alí colleremos á dereita bordeando o monte que está coronado polo castro de Novelín. Unha vez alcanzada a suficiente altura podemos intentar acceder ó castro que se atopa no cimo dese pequeno monte. Nel podemos atopar numerosos petroglifos con formas de cazoletas e ferraduras, estando algunhas cazoletas comunicadas por regos feitos na pena. Dende alí podemos voltar ó Incio por onde viñemos, ou, se queremos atallar, seguindo a estrada asfaltada, claro que por aí non hai unha paisaxe e un entorno tan fermosos.



RUTA 2

Itinerario: Romariz - Covas de Toldaos - Romariz
Dificultade: Baixa
Distancia: 4 Km
Duración: 1h 20 min


Dende o pazo de Romariz, situado en Rendar a 5 Km do Incio, saímos subindo polo camiño que está sen asfaltar diante do pazo, ó chegar ó alto collemos á dereita e seguimo-lo camiño na dirección que bordea o castro de Rendar pola parte de abaixo. Este casto, xa invadido polas árbores, posúe unhas altas defensas cubertas todas elas xa de vexetación. O camiño descurre entre vellos castiñeiros e vai baixando ata chegar ó fondo todo cheo de prados, seguindo polos prados á dereita, cara arriba, nun deles e pegado á cara da montaña, atópase a cova de Toldaos, da cal a xente conta que estaba comunicada directamente co castro do cimo do monte. A cova parece ser que era xa habitada en tempos prehistóricos pero aínda non foi estudiada. De aquí voltaremos a Romariz.


RUTA 3

Itinerario: Ruta do ferro
Dificultade: Baixa
Distancia: 6 Km
Duración: 2 h

Esta é unha ruta por unha pista de terra feita máis ben para ir en coche pero que a maioría das veces atópase en mal estado só pasan todo terrenos. Por toda a ruta pódense ver a un e outro lado da pista numerosas covas que foron feitas para a extracción de ferro, e incluso nalgunha delas aínda se pode ver algunha vagoneta da explotación. Para colle-la ruta podemos ir en coche do Incio a Saa, na ponte collemos á dereita dirección Monteagudo, a medio camiño vemos unha pista á esquerda, ahí deixaremo-lo vehículo e comezaremos a camiñar seguindo a pista. O puco de comezar, e nunha revolta da pista, á esquerda atópase a Pena de San Mamede da que contan que saltou o Santo noburro ata o outro lado do val (á Pena do Curuxo), dende ahí hai unha fermosa vista do Val do Incio, cos seus peculiares chopos seguindo todo o cauce do río Cabe. Tamén se observa o pobo do Incio no lomo da montaña de enfrente. Como xa se mencionou, ás marxes da pista atópanse as minas. Noutra revolta está a Fonte do Couso na que hai unhas mesas e sillas para comer no lugar se se quere, esa fonte é de augas férreas e ata ahí subían os agüistas de San Miguel a bebela. No fin do traxecto chegamos a Fonte das Augas do balneario da Ferrería, que tamen é de augas férreas. Sería conveniente ter deixado neste punto, con antelación, outro vehículo para así non ter que volver andando ata o outro.


RUTA 4

Itinerario: A Casela - Os Catro Cabaleiros - A Casela
Dificultade: Baixa
Distancia: 10 Km
Duración: 3 h 15 min


Esta ruta tamén descurre por unha pista forestal, polo que se se quere tamén se pode ir en coche case ata a Mesa dos Catro Cabaleiros, pero o estado da pista pode, as veces, non ser moi bo. Partimos da Casela, á que se chega O Incio-Ferrería-Courel, dende ela collemo-la pista que sobe á dereita vindo da Ferrería, seguímola e a 4 Km hai un cruce no que xiraremos á esquerda, a 750 metros volveremos a xirar a esquerda. Por fin chegamos o Alto da Emisora (Pico Legua) dende ahí, con sorte, se esta a atmósfera limpa, pódese ver ata Lugo, así coma os Canóns do Sil e innumerables sitios. A partir de ahí comezamos a baixar e así como a 200 metros colle un cortalumes-pista á dereita que seguiremos e nos levará á Mesa dos Catro Cabaleiros.



RUTA 5

Itinerario: Muiño de Trascastro - Santa Mariña - Muiño de Trascastro
Dificultade: Media
Distancia: 7 Km
Duración: 2 h 30 min

Para chegar ó muiño de Trascastro iremos en coche dende O Incio dirección Ferrería, unha vez cruzada a ponte sobre o río Cabe, a 500 metros ahi un camiño que colle á esquerda e baixa ata o muiño, antes de collelo haberá que deixalo coche. Chegados o muiño veremos que non só é un senon que hai un a cada marxe do río. O primeiro deles dispón dunha turbina xeneradora de luz eléctrica para os pobos veciños e para unha serrería que estaba no propio muiño. De ahí cruzaremo-la ponte e seguirémo-lo camiño empedrado que nos conduce a Trascastro, nese lugar colleremos a dereita dirección Río. Pasamos Río e chegamos a Santa Mariña, dende aquí seguiremolo camiño que pareza ir por enriba dos prados que forman un estreito val que segue o curso dun regato. Seguiremo-lo camiño ata donde poidamos, e mentres camiñamos poderemo

RUTA 6

Itinerario: Muiño de Trascastro - polo río Cabe seco - Muiño de Trascastro
Dificultade:
Media-Alta
Distancia:
4 Km aprox.
Duración:
2 h

O río Cabe ven dende a Ferrería dirección muiño de Trascastro, pero polo camiño, a non ser épocas moi húmidas, a súa auga fíltrase polo chan ( na Poza da Ola) quedando o Cabe seco en varios quilómetros e rexurdindo este de golpe e todo xunto cerca do muiño de Trascastro (na Fonte do Arnado). Por iso dende o muiño podemos ir ve-lo rexurdimento do Cabe e, se queremos, podemos segui-lo cauce seco do río dirección a Ferrería. O camiño non é fácil por ter que andar sobre as redondeadas pedras do cauce pero é tremendamente fermoso, desfrutando á vez dunhas raras sensacións froito da falta da auga que enrarece o entorno. Chegaremos ata donde poidamos dependendo do espíritu de aventura de cada un, e, os máis avispados, incluso poderían chegar ata a Ferreria.


RUTA 7

Itinerario: Eirexalba - Embalse - Eirexalba
Dificultade: Baixa
Distancia: 6 Km
Duracion: 2 h


Situados no Incio, baixaremos cara Bóveda, pero no primeiro cruce a dereita que poña Eirexalba tomarémolo. Unha vez cheguemos ás primeiras casa do pobo continuaremos ata unha sinal de Stop, nese cruce xiraremos á dereita de novo e seguiremo-la estrada ata a última casa (Ferradal), onde deixaremo-lo vehículo. Seguiremos camiñando na dirección que levabamos e colleremola primeira pista sen asfaltar á dereita outra vez. Ese camiño levaranos bordeando o embalse dirección cara o comezo do mesmo. Hai por ahí numerosos cortalumes para pasear e podemos chegar a Pena Grande, que son unhas penas situadas enfrente a Mosteiró e Lebaste, dende a cal hai unhas fermosas vistas. Se seguimo-los cortalumes cara o cimo do monte hai unha gran pradeira, e seguindo os camiños podemos voltar a Eirexalba, esta vez pola zona dos Tallos, quedando esta perto do coche. Se non dades chegado é mellor volver por donde se veu.

 


RUTA 8

Itinerario: O Incio - Foilebar - Poio - Cebreiro
Dificultade: Alta
Distancia: 35 Km
Duración: 14 h

Tódolos anos a principios de setmbro é O Remedios e celébrase unha romaría no Cebreiro e tódolos anos hai un grupo numeroso de xente que sae do Incio a pe cara a raomaría, xa que antes todo o mundo ía a pe, e cada uns saían do seu pobo. A ruta feita por esta xente comeza no Incio, seguindo o camiño real chegan a Foilebar. De ahí a Aira Padrón, e de aquí colle-lo camiño que sobe o monte Oribio. Despois unha serie de pistas descurren pola loma da serra en dirección a Fonfría. Despois desta chegase ó Poio e logo xa estamos no Cebreiro.


RUTA 9

Itinerario: O cauce do río Cabe
Dificultade:
Distancia:
Duración:


O río Cabe nace no concello do Incio, é un fermoso río de montaña de augas cristalinas. Calquera punto do seu cauce e bo para darnos un paseo admirando o seu fermoso entorno. Nel podemos ver os seus característicos chopos cas súas pólas máis pegadas ó tronco do normal que van seguindo o revirado cauce do río. É moi diversa a flora que nos podemos atopar, así coma a fauna. O río ten bastantes troitas, que son pequenas pola friaxe das súas augas. Así mesmo aquí son comúns a nutrias e con sorte pódeseas ver.

Páxina principal

Privacy Policy | Contacto | ©2005 O Incio Webdeseño