
Aquí poderás ver parte da diversa fauna que polas terras do Incio habita. Claro que só se pretende amosar unha pequena parte do que aquí temos.
Só veremos parte dos mamíferos e aves máis comúns.
|
| |
| |
| |
O XABARÍN
Especie moi común por estas terras, animal omnívoro que cada vez está máis acostumado á presencia da xente.
O xabarín, sus scrofa, distínguese polos seus caninos grandes e rectos, e polo tamaño, tamen grande, do seu corpo. O seu oido e olfato son excelentes. Os xabaríns acostuman a vivir en grupos familiares e aliméntanse de cogumelos, fentos, herbas, follas, froitas e raices. Ademais do alimento de orixe vexetal, o xabarín tamén pode comer ratos, ras, aves e algúns invertebrados como miocas e insectos. O xabarín europeo é un animal robusto que mide 1,2 m 90 cm a altura da cruz. A pelaxe é densa, de cor negro-grisáceo e formado por un pelo corto e lanoso, entremezclado con cerdas duras que acostuman a formar una cresta o largo da espina dorsal. As crías, chamadas raións, son de cor vermella clara e presentan un debuxo característico de raias lonxitudinais de pelo de cor castaño claro.
Inicio |
| |
O LOBO
Aínda que sexa unha especie en peligro de estinción, aqui é bastante común e a xente veos de vez en cando. Animal carnívoro, pero que por aquí véseo rondar as granxas de animais para comelos desperdicios.
Lobo, carnívoro relacionado co chacal e o can doméstico do que se reconocen dúas especies e un numero variable de subespecies. As dúas especies son: o lobo gris, que vive en Europa, Norteamérica e Asia, e o lobo vermello, que só se encontra en Texas e no sudeste dos Estados Unidos. Un adulto de lobo gris pode medir ata 1,6 m de largo, incluindo o rabo (algo menos da metade da longitude do corpo), e pode pesar ata 80 kilogramos. O lobo pode vivir en hábitats moi diferentes, dende pradeiras abertas ata bosques e zonas de tundra, pero nunca se o atopa nas montañas de altitude elevada. É un animal moi sociable; forma grupos familiares e acostuma a cazar en manada, sobre todo no inverno. Aliméntase de corzos e outros ungulados, aínda que tamén come paxaros, lebres ou roedores. Prefiere atacar primeiro a individuos enfermos, ós máis vellos ou os máis xoves, pois son máis sinxelos de capturar. Se o alimento e escaso o lobo tamén se alimenta de carroña. A guarida dun lobo pode ser unha cova, o oco dun tronco dunha árbore, a vexetación espesa ou un oco no chan excavado por el mesmo.
Inicio |
| |
O RAPOSO
O raposo, unha das especies máis pequenas da familia dos cánidos, un grupo de mamíferos que tamén inclúe ós lobos, ós coiotes e ós chacais. Os raposos caracterízanse por teren as patas cortas, o fuciño estreito e alargado, as orellas rectas e triangulares, a pelaxe espesa, e o rabo largo e tupido. Distribuense por América, Eurasia e África, e habitan en bosques, matorral e rexións desérticas. A maioría das especies do xénero o que pertence o raposo común presentan gran versatilidade: viven nunha gran variedade de climas e hábitats. A alimentación é moi variada e consiste en ratos, toupiños, coellos, ovos de aves, froita, insectos grandes e carroña. Debido a que as súas presas son pequenas, os raposos son cazadores solitarios.
Inicio |
| |
O ESQUÍO
Simpático roedor que brinca polas nosas árbores comendo conchos, castañas, landres, etc.
Esquío , nome común que se aplica a determinadas especies de roedores que pertencen a unha familia que comprende ós esquíos arborícolas, ós esquíos terrestres, ás marmotas, ós esquíos listados, ós esquíos voadores ou planeadores e ós canciños das pradeiras. A súa alimentación consiste en materia vexetal (sobre todo noces, sementes e brotes), aínda que en ocasións poden comer insectos. O seu hábito de almacenar comida para o inverno axuda a propagación de plantas e árbores.
Inicio |
| |
O TEIXO
Tamen chamado "porco teixo", animal omnívoro de hábitos nocturnos coma a maioría, cada vez vense menos exemplares a pesar de non cazalos ninguén.
O teixo, mamífero plantígrado (que se apoia nas palmas das súas mans e nas plantas dos pes para desplazarse), que se caracteriza por te-las extremidades cortas e fortes, e por posuir uns pes alargados que están dotados de unllas fortes utilizadas para excavar. Os teixos posúen unha pelaxe densa e moi forte, cun debuxo ben definido: é de cor gris por riba, negro por debaixo, e cunhas bandas características negras e brancas sobre a súa cabeza que forman una especie de antifaz. Son animais principalmente nocturnos, viven en madrigueiras e excavan grandes sistemas de galeridas. Posúen glándulas anales que emiten unha secreción de cheiro fetido. A pel do teixo ten valor comercial e utilízase para a confección de abrigos; os pelos son utilizados para a fabricación de brochas e pinceis.
Inicio |
| |
A MARTA
Alimaña que algunha xente confunde cos esquíos pero diferénciaseos ben, e os seus hábitos son moi distintos.
A marta, mamífero carnívoro moi conocido pola súa pelaxe densa e suave e moi apreciada na industria peleteira. A súa distribución abarca tódolo hemisferio norte. As martas son animais de corpo alargado e esbelto, teñen as patas cortas e os pes posúen garras afiadas. Aliméntanse de paxaros, ovos e roedores, e cando non estan cazando descansan en ocos de árbores.
Inicio |
| |
O CORZO
Da familia dos cervos pero con menor tamaño e cornamenta. E o único cérvido que hai pola zona. Animal herbívoro que ten coma principal defensa a súa inmovilidade que o fai case invisible, sen olvida-la súa axilidade para escapar por patas.
Corzo, nome común do cervo máis pequeno de Eurasia. Un adulto mide uns 71 cm a altura da cruz e pesa cerca de 27 kg. O macho ten astas cortas, rectas e cun máximo de tres puntas; múdanas tódolos anos a principios do inverno e están desenroladas por completo na primavera. O corpo está cuberto por unha pelaxe parda-vermella nas partes superiores e branco nas inferiores durante o verán, pero no inverno e parda-grisácea, cunha mancha branca conspicua na grupa. As cridas teñen a pelaxe moteada.
Inicio |
| |
O COELLO
Antano moi común e hoxe case inexistente no concello polas numerosas pestes que sofre. Existen tamén lebres, poucas, que son semellantes e de maior tamaño.
Coellos e lebres, nome común de certos mamíferos que se caracterizan polo seu corpo recuberto dunha pelaxe densa e suave, polas suas orellas largas e por carecer de rabo, ou se o teñen, por ser moi corto. Son animais moi prolíficos e reprodúcense varias veces o ano. Estos animais, que pesan entre un e cinco kilogramos, e miden entre 30 e 60 cm de lonxitude, aliméntanse de materia vexetal, incluida a corteza das árbores. O seu hábitat preferido son zonas de chan solto e seco que lles permita excava-las súas madrigueiras, e con matorral suficiente que lles ofreza refuxio.
Inicio |
| |
A NUTRIA
A nutria, aínda que moi excasa noutros sitios, aquí e moi frecuente velas polos ríos e embalses.
Nutria, carnívoro acuático que está representado por alrededor de 19 especies que se encontran distribuidas por todo o mundo, excepto en Australia, Nova Zelanda e a Antártida. A especie que se distribúe por Europa e Asia ten o corpo alargado, parecido o dos visóns, pero é máis grande ca estos; pode medir ata 75 cm de lonxitude, cun rabo dunha longitude que e a metade da do corpo. O rabo e groso, carnoso e rematado en punta. A cabeza e ancha e aplanada, cas orellas redondas e o fuciño, que é romo, ten os orificios nasais dispostos lateralmente. Tanto as orellas como os orificios do nariz pódense cerrar de forma hermética cando o animal esta nadando. A pelaxe é de cor castaña e e mlo apreciado pola industria peleteira. As patas son cortas e os pes, que posúen unllas, son palmeados.
Inicio |
| |
AS AGUIAS
Existen moitas especies na zona e son bastante abundantes, as máis grandes son denominadas "miatos",é dificil saber de que se alimentan ca escasez de caza existente.
Aguia, nome común de varias aves de presa diurnas, algunhas das cales se encontran entre os membros de maior tamaño dunha familia que inclúe tamén o ratoeiro común, o milano e algúns boitres. A maioría dos seus nidos, grandes e feitos a base de paos e ramas, son construídos en acantilados e escarpas, anque en certas zonas prefiren árbores altas. Para a súa alimentación cazan todo tipo de animais.
Inicio |
| |
O BUFO
É fácil ver calquera noite un bufo pousado á veira da estrada, desconozo que especies hai pero creo que son varias.
Bufo, nome común de algunhos membros dunha familia de aves de presa nocturnas que consta dunhas 167 especies. Os mochuelos, cárabos e autillos pertencen á familia dos bufos. As curuxas pertencen a outra familia, cunhas 14 especies. Hai diferencias anatómicas entre as dúas familias, pero moitas xeneralizacións son aplicables a ambas. Os grandes ollos dos bufos (máis pequenos nas curuxas) están dirixidos cara adiante, e incorporados nuha cápsula ósea que lles da una limitada capacidade de movemento. Os bufos teñen que xirar tódala cabeza para mirar ós lados, anque o movemento vese facilitado por un pescozo relativamente largo e flexible, que lles permite xirar-la cabeza ata 270 grados. Cazan durante a noite, e o seu alimento consiste sobre todo en mamíferos pequenos, como ratos.
Inicio |
| |
A CURUXA
Rapaz nocturna coma os bufos pero de cor clara e ca cabeza en forma de corazón. Tamen é fácil de velas polas noites.
Curuxa nome común dos membros dunha familia de aves que se diferencian dos bufos típicos en que teñen a cara en forma de corazón, en lugar de circular e as patas máis longas. Os ollos son máis pequenos e escuros, pero nunca amarillos como os da maioría dos bufos. Cazan durante a noite, e o seu alimento consiste sobre todo en mamíferos pequenos, como ratos.
Inicio |
| |
O CUCO
Animal que, como di a xente, nos indica cando vai cambia-lo tempo. O seu canto é o que lle da o seu nome.
Cuco, nome común de cada unha das aves pertencentes a extensa e variada familia dos cucos, que viven en tódolos continentes excepto na Antártida. Esta especie, parasita os niños alleos. As femias depositan os ovos no niño doutro paxaro, especializándose cada una delas nun ave diferente.
Inicio |
| |
A PERDIZ
A perdiz común é a única representante da especie na zona. Tamén podemos ver ocasionalmente algún paspallás.
Perdiz, nome común que se aplica a un grupo de aves pertencentes a uns 14 xéneros da familia do faisán. Anque é un grupo diverso, os seus membros caracterízanse por tene-lo corpo algo groso, rabo curto e o pico curto, adaptado a recollida de sementes. Teñen ás redondeadas e poderosos músculos pectorales que permiten os explosivos despegues que realizan para fuxir dos depredadores. Prefiren correr, e só voan distancias curtas. Os seus hábitats varían dende ladeiras rocosas de montaña ó chan dos bosques; unhas poucas pousanse nas árbores.
Inicio |
| |
O POMBO
Nesta zona as suas bandadas non son tan abundantes coma noutros sitios, nin sequera esta é unha zona de paso. Aínda así son moi comúns.
A especie máis conocida é o pombo, a súa antecesora silvestre, orixinaria de Europa e Asia, é a chamada pomba bravia. Mide o rededor de 33 cm, é de cor gris azulado polo dorso, con marcas negras nas ás e o obispiño branqueciño, ten o peito purpúreo e o abdomen azulado. Os costados do pescozo, en especial nos machos, son iridiscentes.
Inicio |
| |
O PETO
O peto real e común polo Incio, pero aínda o son máis outras clases de petos. É fácil escoitalos ou velos petando nun pino seco.
Peto, de patas fortes e rabos largos en forma de cuña que lles serven para suxeitarse cando trepan. Os sexos acostuman a ser bastante semellantes e só se diferencian en que os machos presentan cores máis vivas. Teñen o pico robusto e unha lingua moi longa que lles serve para atrapa-las presas.
Inicio |
| |
O GAIO
Ave máis ca común nas numerosas carballeiras do Incio. Paxaro moi escandaloso co seu canto.
Gaio, nome común de cada un dos membros dun grupo de aves pertencentes a familia dos Córvidos, na que se inclúen tamén o corvo e a pega. A maioría dos gaios son máis pequenos e de cores máis brillantes que outros membros da familia. Na súa maior parte son ruidosos e acostuman a verse en bandadas fora da época de reproducción. Son omnívoros, comen froitos (especialmente landres), sementes, pequenos anfibios, insectos e outros invertebrados, e, en ocasións, os ovos e poliños doutras aves.
Inicio |