GUERRA CIVIL E REPRESIÓN

NA CORUÑA

             

A sublevación militar iniciada na Coruña na mañá do 20 de xullo de 1936, dá lugar a un proceso represivo que foi, polas súas dimensións cuantitativas e obxectivas -dirixido a uns grupos sociais e ideolóxicos-, un  verdadeiro xenocidio.

  Investigación: TODAS AS VÍTIMAS

DA PROVINCIA!

Non se permite copia

Non se permite copia

 

Non se permite copia

Non se permite copia

Non se permite copia

Un grupo de investigadores, dentro da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática (www.memoriahistoricademocratica.org) está a realizar unha base de datos das vítimas da represión na provincia. Un dos obxectivos é crear un listado nominal, con datos de afiliación política e sindical, cargo público, idade, profesión...

Máis de mil homes e mulleres vítimas da violencia xenocida entre 1936 e 1939.

Descargar un texto de adianto:

Estudo da represión na Coruña a través dos rexistros civís.

(Ponencia presentada no III Congreso da Memoria.

Pontevedra, 2007) 


PUBLICACIÓNS

"Armas para a República" (2006), é o relato da aventura da motonave que sae de Nova York o 6 de xaneiro de 1937 con varios avións para o Goberno republicano. Tras unha estancia en Veracruz, onde  carga armamento, o mercante atravesa o Atlántico con destino a Santander. O 8 de marzo, a cen millas ao norte dese porto, o buque é apresado polo cruceiro Canarias. A tripulación é sometida a un duro consello de guerra en Ferrol. Tomando como referencia este caso, o libro pretende achegar aos lectores ao problema do subministros bélicos ao Goberno republicano, illado pola política de Non Intervención da Sociedade de Nacións, mentres o bando sublevado recibe a axuda militar dos estados fascistas europeos (Alemaña, Italia e Portugal). Neste eido, a Guerra Civil Española aparece como un claro antecedente da 2ª Guerra Mundial.

 

PRÓXIMA EDICIÓN EN CASTELÁN!

 

PRIMEIRO CAPÍTULO:

O capitán, o delegado e a tripulación

Non se permite copia

Os homes do "Mar Cantábrico" procedían do País Vasco, Galicia, Cataluña, Valencia...

"Guerra civil e represión en Ferrol e comarca"

Crónica da guerra civil en Ferrol, Ares, Narón, Neda, Cariño, Cedeira, Fene, Mañón, Mugardos, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes...

Ler este libro: www.leergratis.es/ferrol/guerrarepresionFerrol.htm

 “Guerra civil e represión en Ferrol e comarca” é unha completa descrición do acontecido trala sublevación militar en Ferrol e nas localidades da comarca, entre o río Eume e o cabo Ortegal.

Análise dos consellos de guerra celebrados en Ferrol. Investigación das mortes causadas pola represión, as legalizadas e os chamados paseos. Inclúe un listado de 715 víctimas da represión mortal entre 1936 e 1939.

Listado de 715 vítimas © Xosé Manuel Suárez Martínez.

Esta relación nominal é o resultado dunha investigación en rexistros civís da bisbarra ferrolá e nas causas de consellos de guerra . A súa publicación, total ou parcial, esixe respectar os dereitos de autor segundo as leis vixentes, polo que debe citarse sempre a súa orixe.

 

 

ComentariosComentarios na prensa sobre "ARMAS PARA A REPÚBLICA":

LA VOZ DE GALICIA, 31-12-2006

 

"Un novo libro narra a tráxica historia do buque «Mar Cantábrico», en 1937."

"A historia ben dá para unha película"

 

"DIARIO DE FERROL", 21-01-2007.

"Unha das historias máis interesantes que se poden ler hoxe sobre a Guerra Civil".

"O acerto do autor radica na súa capacidade de novelar e recompoñer as pezas dun puzzle que se atopaba fragmentado –notas de prensa, informes, memorias dos implicados, diarios de a bordo–, no seu esforzo por desenvolver os feitos e os personaxes que neles participaron".

F
 Foto: Kiko Delgado.
 
 
 
Xosé Manuel Suárez. 
Doutor en Xeografía e Historia.   
suarxm@hotmail.com

o

 

Lista de presos do Campo de Concentración de Cedeira, 1937.

Publicacións

Campaña e votación do Estatuto de Autonomía de Galicia, 1936.

Xeohisgal : Xeografía e Historia de Galicia, actividade educativa interactiva para Primaria e ESO

Xeohisgal en formato ZIP

Blog
VivaARepublica

Actualización: 26-abril-2009.


Contador gratis