CAUDAIS ECOLÓXICOS DOS RÍOS DE VILARIÑO DE CONSO.
Moi mal...(
DECEMBRO DO 1999).
¿Quen
son os responsables?: Sin dúbida os políticos, por no
esixir, e Iberdrola por no cumplir coa lei.
Os coutos da zona. Mapas,
permisos, repoboacións, ocupacións,
opinións...tempoada 2000.
Saír.
CAUDAIS
ECOLÓXICOS DO RÍOS EN VILARIÑO DE CONSO.
Vexamos :
Embalse Das Portas. Río Camba. O caudal
ecolóxico era de risa e non entendo como os veciños de Vilariño e por suposto
o Concello e os Conselleiros non miran máis por esta riqueza. É unha vergoña.
A fotografía é de decembro de 1999 e os ríos iban desbordados, e sin embargo
o nivel era mínimo.
RÍO CAMBA:
NA COLA DO ENCORO VEDADO.
POR DEBAIXO DO ENCORO UN DESASTRE SIN
AUGA EN PLENO INVERNO . ¿ COMO IRÁ NO VERÁN?.
Río Conso en decembro de 1999 cando os
ríos levaban moítísima auga.
A verdade é que este río neste tramo a
4 kms. de Vilariño non iba ben.
¿ Razóns ? Seguro que hai moitas.
RÍO CONSO:
CON MOI POUCO CAUDAL, NO
ENCORO DA HEDRADA SEICA ESTÁN DESVIADO O ENCORO DAS
PORTAS. COMO SE VE NA FOTOGRAFÍA SEGUINTE.
ESO EXPLICA A DESFEITA.
(Ven Vds. aquela
fervenza ó lonxe, pues é o desvio por un túnel do río
Conso, dende o encoro da Hedrada o encoro das Portas, leva
o cuadruple de auga que levaba ese dia, decembre de 1999 o
río Conso).

O Cenza. Ese día ,
decembre de 1999, viña prácticamente seco, vexan a
desembocadura. O Cenza é o río da dereita. O da
izquierda e o Conso.
Dirán pero o ¿ Conso
non viña seco? : vai desbordado.
Bueno todo veciño de
Vilariño entende o por que, para un de fora é moito
máis dificil de explicar pero non imposible.
O Cenza ten un encoro
por riba de Vilariño , encoro de Iberdrola, nese encoro
desvian a auga para turbinala e a central de turbinas
está situada no río Conso a 500 metros da foto que ven.
A explicación está
clara.
RÍO CENZA:
CON MOI POUCO
CAUDAL, DENDE O ENCORO DO CENZA A DESEMBOCADURA.
AUGA DESVIADA PARA TURBINAR.
UNHA DESFEITA
TOTAL EN DECEMBRO DE 1999.
Conclusión dos ríos de
Vilariño de Conso:
¡¡¡ unha desfeita
total !!!.
¿Quen ten a culpa ? .
Dende logo na miña
opinión os políticos da zona.
¿ Por qué están
calados ?.
Investiguen, algunha
contraprestación ten que haber para deixar que os ríos
se desfagan desta forma, por empresas privadas, como Iberdrola e
outras...
Sin dúbida tiñan unhos
ríos moi bons pero como non tomen medidas serias...terán únicamente ríos sin auga e
eso sí encoros, moitos encoros, e seguro que ata lle
venden portos deportivos, catamaráns, en fin, xa sabemos
a historia dos "portos deportivos dos mares
interiores", unha forma máis de roubar os cartos a
Europa ( e polo tanto os galegos)... vaia desastre...