Vilariño de Conso: unha zona incríble que merece a pena visitar.  

A PESCA EN VILARIÑO DE CONSO. 

  Comentario sobre os ríos da zona de Vilariño.

   Iberdrola na zona deixa moito que desexar.

   Información sobre os coutos actuais de pesca.

 

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

Vilariño de Conso era unha zona única para os pescadores e inda pode selo.

Hoxe, si collemos o folleto turístico que ten o Concello, e que estou usando para este traballo, non fala da pesca para nada. Eso si dice que o Cenza ten unhas troitas exquisitas.... o que é falso. Debera decir tiña unhas troitas exquisitas, pero eso non vende. Ten as troitas da última repoboación e non son exquisitas...

Eso decía no ano 2002. Hoxe en marzo do 2006 a verdade é que o coto do Cenza é sin morte, por algo será. Que ten troita, seguro. Pero xa non é o que era. E menos mal... 

Penoso.

Xa fai unhos anos cometeron o gran fallo de deixar estropear o río Cenza, facendo un encoro irracional e anti-natura. Este encoro asolagou un val glaciar único en España, e inda por riba rematou co río Cenza polo menos do encoro para abaixo. Algúns dirán que merece a pena, xa que o Concello de Vilariño ingresa o ano 83 millóns polos encoros ( Cenza + As Portas , estos eran datos do 2002), en fin, millor non falar do tema, na miña opinión unha vergonza, por tanta desfeita.

¿ Quen deixou facer esto?. Non vou entrar no tema...cada un a súa conciencia. 

O feito é, resumindo,  que non vexo nada claro a pesca na zona, unha zona incríblemente boa.

Vexamos un estudio río a río :

RÍO CAMBA:

Embalse Das Portas. Río Camba. O caudal ecolóxico é de risa e non entendo como os veciños de Vilariño e por suposto o Concello e os Conselleiros non miran máis por esta riqueza. É unha vergonza. A fotografía é de decembro de 1999 e os ríos iban desbordados, e sin embargo o nivel do río era mínimo. Hai que esixir a Iberdrola S.A. máis caudal, que explote menos a auga da zona ( dirán que se axustan a lei, pero eso non é suficiente, a lei hai que cambiala, eso en primeiro lugar, pero ademáis non poden deixar morrer os ríos dese xeito, son caudais de morte e eso sábeno eles de sobra, non hai direito, en pleno inverno, cando as troitas están a desovar, e o río sin auga é un delito ecolóxico, por moita lei que cumplan...HAI QUE ESIXIR A XUNTA QUE CAMBIE A LEI DE CAUDAIS ECOLÓXICOS E FAGA CUMPLIR A LEI DE PESCA)

RÍO CAMBA ( resumindo o estado): 

NA COLA DO ENCORO VEDADO.

POR DEBAIXO DO ENCORO UN DESASTRE, SIN AUGA EN PLENO INVERNO . ¿ COMO IRÁ NO VERÁN?.


 

RÍO CONSO :

Río Conso, en decembre de 1999 cando os ríos levaban moítísima auga.

A verdade é que este río neste tramo a 4 kms. de Vilariño non iba ben.

¿ Razóns ? Seguro que hai moitas. Creo que o río desvíano o encoro das Portas, polo tanto no me estraña este caudal.

 

RÍO CONSO ( resumen): 

Con moi pouco caudal, no encoro da Hedrada seica desvían o río para o encoro das Portas.

ESO EXPLICA A DESFEITA.

(Ven Vds. aquela fervenza ó lonxe, pues é o desvio por un túnel do río Conso, dende o encoro da Hedrada o encoro das Portas, a fervenza que se ve leva o cuadruple de auga que levaba ese dia o río Conso por debaixo, decembre de 1999.)


Couto do Conso:

Hoxe (marzo do 2006) o río Conso é couto de troita dende a desembocadura do regato de Valboa, a Ponte da Hedrada. Pódense pescar 8 troitas de 19 cms. mínimo. Non se pode pescar o luns e o xoves. O número de coutos 10 e 14 (os sábados, domingos e festivos). O couto sácase na seguinte dirección:

Bar da Ponte. Estrada de Viana. Vilariño de Conso.

Tfno: 988340481

 

RÍO CENZA :

(O Couto do Cenza é un couto sen morte, dende a presa do Cenza ata a Canteiora de Castiñeiras. Non se pode pescar os luns e os xoves e dan 6 coutos).

 

O Cenza, ese día , decembro de 1999, viña prácticamente seco, vexan a desembocadura. O Cenza é o río da dereita. O da esquerda e o Conso.

Dirán pero o ¿ Conso non viña seco? : hai vai desbordado.

Bueno todo veciño de Vilariño entende o por que, para un de fora é moito máis dificil de explicar pero non imposible.

O Cenza ten un encoro por riba de Vilariño , encoro de Iberdrola, nese encoro desvian a auga para turbinala e a central de turbinas está situada no río Conso a 500 metros da foto que ven.

A explicación está clara.

 

RÍO CENZA ( resumindo): 

CON MOI POUCO CAUDAL DENDE O ENCORO DO CENZA A DESEMBOCADURA. AUGA DESVIADA PARA TURBINAR.

UNHA DESFEITA TOTAL EN DECEMBRO DE 1999.

Na miña segunda visita en xaneiro non estaba turbinando que dende logo tiña máis caudal.

Vela fotografía.

Esto que ven é unha fotografía sacada dende o encoro do Cenza, que por certo nono coñecía ( nono vira construido, si coñecía o lugar) . Ese día 22 de xaneiro do 2000 este era a saída do caudal ecolóxico, non estaba mal de todo.

Por certo o encoro DEMENCIAL,NON CUMPLE A LEI , NON TEN ESCADAS NIN NADA QUE SE LLE PAREZCA É UNHA AUTÉNTICA BURLA A NATUREZA GALEGA.

SINCEIRAMENTE EU QUE COÑECÍA ESA ZONA MOI BEN, DÉRONME GANAS DE CHORAR...NON HAI DEREITO A FACER ESTAS DESFEITAS

O PROGRESO NON É ESTA DESFEITA.

QUE FORMA DE ESNAFRAR O LUGAR MÁIS BONITO, MÁIS NATURAL DA NOSA XEOGRAFÍA DE GALICIA E PROBABLEMENTE DE ESPAÑA.

CANDO SE FIXO  ALGUÉN APUNTOU QUE OS PEIXES SUBIRIAN, NON ME LEMBRO QUENO DIXO...QUE VERGOÑA...¡Hai que ter cara!

Esta é unha fotografía da parte de abaixo do encoro, en pleno val glaciar, de auténtico desastre ecolóxico. Penoso.


 

 

Conclusión dos ríos de Vilariño de Conso:

¡¡¡ unha desfeita !!!.

pero penso que se poden arranxar moitas cousas.

 

 

¿Quen ten a culpa ? .

Dende logo na miña opinión os políticos da zona.

¿ Por qué están calados ?.

Investiguen, algunha contraprestación ten que haber para deixar que os ríos se desfagan desta forma, por empresas privadas, como Iberdrola...

Sin dúbida tiñan unhos ríos moi bons pero como non tomen medidas serias...terán únicamente ríos sin auga e eso sí, encoros, moitos encoros, e seguro que ata lle venden portos deportivos, catamaráns, en fin ...vaia desastre.... o que a Xunta chama turismo dos mares interiores e que na miña opinión e fame para mañan...e si non xa o verán...Por certo este tipo de turismo estase a mostrar ruinoso en Galicia, según os últimos datos, non me extraña nada...

NOTA IMPORTANTE DO AUTOR DA WWW:

Quero que sepan que a única razón de facer una www sobre Vilariño é que sempre estuven convencido que tiña moitas, moitísimas posibilidades turísticas ( posibilidades nas que nunca creeron os que gobernan turísticamente a provincia xa que a teñen totalmente esquecida). Pero esas posibilidades veñen de man dos ríos, si non cuidan os ríos non terán futuro. E sinceiramente, téñenos moi abandonados e das mans de Iberdrola ( que presume de ecoloxista). Esta empresa soio mira o seu bolsillo  e si algo lles regala e por que lles sobra e lles convén.

O Concello ten que:

1.- Esixir caudais ecolóxicos do 40 ou 50% do caudal medio anual.

2.- No deixar que o río Conso sexa desviado na Hedrada o encoro das Portas. Desvian moito máis do 80%.

3.- Esixir a Iberdrola que limpie o río e repoblen, con troita autóctona,  o río Cenza, eles son causantes da desfeita, a famosa chea que deixou o río para o arrastre. Eu faría un criadeiro natural dende o encoro a ponte da carretera ( sobre dous ou tres kilómetros). Por suposto vedado e vixiado. O mismo na parte de arriba do encoro.

4.- Esixir un mecanismo de sone cada 100 metros para posibles subidas de caudal no río Cenza , dende o encoro. Tamén o debe colocar Iberdrola, aparte das escadas de remonte do encoro do Cenza. ( Inda que estas escadas non compren, total non hai troitas...).

Unha vez que estos ríos teñan troitas autóctonas, e unha vez que funcionen unha o duas casas de turismo rural, empezar a promocionar a zona, ofrecendo pesca , caza e natureza, seguramente o mellor de Galicia.

O demáis ( a larga ) é morrer en vida. 

Claro que o canon de 83 millóns gusta moito...

É unha miseria este canon xa que desfixo moito, moitísima natureza que vale moitísimo máis...a zona era patrimonio de tódolos galegos, no se pode mirar soio cos anteollos de Vilariño, ese é o fallo...eu persoalmente tiña dereito, como galego, a que o val glaciar non xe desfixera desa forma, había outros lugares menos valiosos( dende o punto de vista natural)  para facer o encoro...pero non, Iberdrola tuvo que escoñar o único val glaciar que tiñamos en Galicia...ese é o meu punto de vista sobre este tema.

Por certo no 2006 mateño o tipo do dito no 2002. Pouco ou nada se fixo en Vilariño do anterior. Non interesa.

Saír.

  Ourense "Terra da Chispa"        © S.L.F.              16-03-2006                Mándame un correo. Dame información o dime que opinas de esta página.  E-mail.