OS PARAXES NATURAIS DE GALICIA: VILARIÑO DE CONSO.

Un libro de Enrique Vélez e Mª Carmen Pereiro que merece a pena.

Esta é a guía galega que mellor trata a Vilariño de Conso, dito con outras palabras é a guia que sabe algo de Vilariño de Conso as demáis un auténtico desastre.

Encoro do Bao.
Fervenza do Cenza.
Morrena de Chaguazoso.
Val glaciar do río Cenza.

Saír.

 

 

 

 

 

 

ENCORO DO BAO

O libro describe esta ruta, o encoro do Bao, a presa penso que está situada no Concello de Viana. De tódolos xeitos está máis preto de Vilariño de Conso ( 12 kms. aproximadamente).

Fíxenlle unha visita o día 12 de febreiro do ano 2000, merece a pena.

O lugar é para temblar, sobre todo si se situa un debaixo, é grandísimo.

Eso que ven Vds. que parece o caudal ecolóxico da presa é unha tomadura de pelo, trátase dun pulverizador.

IBERDROLA  RÍESE DOS GALEGOS E DOS QUE AMAMOS A NATUREZA.

O CAUDAL ECOLÓXICO É UN CHARCO ASQUEROSO ONDE TODO OU CASE TODO ESTÁ PODRE.

O RÍO BIBEI A PARTIR DESDE ENCORO ESTÁ MORTO.

O POUCO CAUDAL QUE LEVA DALLO UN REGATIÑO QUE BAIXA POLA MAN DEREITA DA FOTOGRAFÍA.

QUE VERGOÑA.

MERECE A PENA VISITAR O LUGAR E COMPROBAR O ANTERIOR.

VER TAMÉN O POBLADO CONSTRUIDO POR IBERDUERO. IMPRESIONANTE.

E DENUNCIAR.......DENUNCIAR .......ESTA SALVAXADA CO RÍO BIBEI...

 

A empresa responsable destos caudais de morte é IBERDROLA que na súa páxina www presume do respeto e a conservación do Medio ambiente.

Pues que vaia empezando na zona.

NO BIBEI A PARTIR DO BAO O RÍO, REPITO, ESTÁ MORTO É IBERDROLA É A RESPONSABLE.

XA ESTÁ BEN.

OS ALCALDES E CONCELLOS DA ZONA, XA ESTA BEN TAMÉN, HAI QUE MOLLARSE UN POUCO E DEFENDER GALICIA. HAI QUE ESIXIR RESPETO O MEDIO AMBIENTE.

 

 

Este caudal ecolóxico deixado en febreiro do ano 2000 é de xuzgado de Garda.

Xa está ben que os donos dos encoros que xogan cun ben que é de todos non cumplan coa lei.

Xa está ben que a Xunta de Galicia e a Consellería de Medio ambiente deixe un caudal ecolóxico onde nin tan siquera podrían xogar "os barquitos" os seus fillos.

Hai que esixir un caudal ecolóxico digno, polo menos do 30% ou 40% do caudal medio anual.

¡¡¡ POR UN RÍO BIBEI VIVO !!!.

Ver fotografías escalofriantes do caudal ecolóxico deixado por IBERDROLA NO ENCORO DO VAO EN FEBREIRO DO 2000.

¡¡¡ E OS ALCALDES E POLITICOS DA ZONA CALADIÑOS........NON TEÑEN VERGOÑA!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FERVENZA DO CENZA.

O libro tamén describe como chegar a esta fervenza que sin dudalo é a maior de Galicia  ( sobre 100 metros de caída) , agora ben , como dice o libro está moi estropeada por unha canteira e por un encoro que hai máis arriba.

Efectivamente penoso o estado desta fervenza.

Si a collen noutro pueblo calquera igual fan dela un lugar de peregrinación.

¡¡ Que lle vamos a facer !!!

Ver a fervenza o día da chea.

Nota : a chea foi abrir as comportas da presa do Cenza, un fallo de morte para este río. Non houbo desgracias persoales pero o lector que compare esta fotografía coa anterior. Para temblar a auga que leva. 

Eu soio penso si houbera alguén de pesca, ou facendo calquer deporte de auga pola zona, como barranquismo ou algo similar.............

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MORRENA DE CHAGUAZOSO.

Outra excursión que se describe no libro. Non é dificil chegar, con ir a Chaguazoso xa no lugar indican onde está).

Trátase tamén pola miña banda de non copiar literalmente un libro que merece apena ter a tódolos amantes das rutas en Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VAL GLACIAR DO RÍO CENZA.

Describe a súa situación e como se chega o mismo. Esta doado chegar, pero é unha auténtica magoa que esté cuberto polas augas e por un encoro que non facía falta para nada.

Noutro lugar xa o dixen e góstame repetilo:

Para mín as dúas maiores aberracións ecolóxicas do milenio pasado foron:

1.- Desecar a mellor lagoa de España. A Lagoa de Antela. En plena época de Franco. Daquelas haber quen levantaba a voz.......

2.- Asolagar para sempre un Val glaciar único en Galicia: O val do Cenza. Cuberto por un encoro en 1992 en plena democracia, pero moi pouco contestado ( queda por estudiar e fareino a contestación a este encoro que sei que algunha houbo). Sei que se poido evitar........... o Concello de Vilariño de Conso a larga, dende logo, perdeu máis que gañou.

---------o------

Soio recollo a última frase dos autores do libro citado :" O mellor val glaciar de Galicia dorme agachado baixo as augas como un dasafortunado tributo ao progreso mal entendido".