
O val Glaciar do Cenza extendíase en 8 kms,
era según dín os entendidos o máis importante de Europa, hoxe
está baixo as augas dun encoro que nunca se debeu facer, un
encoro que Iberdrola ( que presume de respetar a natureza) nunca
debeo promover, un encoro donde os políticos da zona tiñan que
deixar a pel e algo máis para non permitir esta desfeita. Un
encoro que non cumple ningunha lei de conservación, un engano a
natureza. Un encoro feito na decada 1990-2000 onde xa se falaba de
escadas de peixes, de caudal ecolóxico, etc. Incumple todo canto
hai.
Na fotografía o Curro de Chaguazoso antes de facer o encoro.
Un lugar paradisíaco. ( estuven dentro nunha ocasión, estando
de pesca no Cenza, cando voltei xa estaba cuberto polas augas).
Nota : os curros eran e son lugares onde
pasaba a noite o ganado da zona, que estaba a cuberto, deste
xeito, dos lobos, etc. . Xeralmente usávanse dende xunio ata
setembre. Hai varios curros
nesta zona . ( O tema dos curros ben merece un monográfico no
seu día). Velo o curro de Chaguazoso no medio da fotografía.
Este Val xa non é o que era en 1992 antes da desfeita do
encoro que ¿ algunhos? deixaron facer. Para mín o maior
atentado ecolóxico do milenio en Galicia , xunto coa
desecación da Lagoa de Antela.
De tódolos xeitos inda se pode visitar e
intuir, fai falta imaxinación e potenciar a zona.
Que Iberdrola, se deixe de pamplinas ( e
engaños) e manteña caudais
ecolóxicos todo o ano abundantes, en decembre de 1999 tiña
seco o río ( dirá que é o que permite Medio Ambiente, pero
amigos de Vilariño hai que pedir que os caudais sexan os
mínimos para manter o río en bon estado, non morto como está
agora) . O de subi-los peixes eso xa é imposible ( lembro
que os políticos decían que subirían, canta mentira e canto
mentiroso teñen Vds por ahí, eu sempre o dixen que eso era un
engano........) pero hai que potenciar e vixiar a zona do
encoro.
Cuida-lo río pola parte de abaixo do encoro. Por señais
acústicas ( é peligroso e mortal si o encoro solta auga,
como xa fixo nunha ocasión, o día da famosa chea) en tódolo seu cauce,
e
manteñer caudais tanto en inverno como no verán.( Basta
obligar a Iberdrola aplicando a lei de pesca).

Unha riada deste tipo sin avisar é a morte
segura. Na foto o río Cenza o " día da chea". Iberdrola
abriu e " hai vai eso...........".
Espectacular.........pero poido haber mortes.......
Eu penso que vedando unhos cantos anos pódese repoblar a
zona e volver o que era, previo unha limpeza integral de todo o
río dende o encoro a desembocadura.
O que teñen hoxe É UN RÍO MORTO.
Hai que recuperalo. Hai que invertir en
futuro. Un turismo de natureza ( senderismo, pesca, etc) deixan
cartos na zona si esta se potencia. ( Está demostrado). Pero
hai que ofrecer calidade, non ríos mortos.