| // | / | ![]() |
|
História e Localización |
|||
| // | / | ||
A Asociación Cultural O Penedo da Forca nace no povo de Prado do Miño, concello de Castrelo do Miño, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense, Galicia, Spain.
![]() |
| * |
![]() |
A Asociación Cultural O Penedo da Forca nace
no povo de Prado do Miño, Concello de Castrelo do Miño o dia 21 de Novembro do ano 1992,
inscribindo-se oficialmente na Sección Primeira do Rexistro de Asociacións do Goberno
Civil de Ourense o 7 de xaneiro de 1993, co número 1.213.
Os fins perseguidos por esta Asociación Cultural, recollidos no artigo 3 dos seus Estatutos, limitaron-se nun principio a un ámbito estrictamente local e municipal, extendendo-se ultimamente a toda a Comarca do Ribeiro, feito recoñecido non só polos destinatários/beneficiários da nosa actividade, senón tamén pola rádio e prensa escrita comarcal.
Na actualidade o censo de sócios e sócias pasa das 220 persoas maiores de 16 anos (evidentemente existen tamén sócios menores de esa idade que non contan á hora de pagar cotas, nen votan nas asembleas), a maioria delas do povo de Prado do Miño, o que di moito en favor da asociación, xa que estamos falando dunha povoación de 300 persoas; o que significa que case con seguridade toda casa aberta con fumos dispón de representación na asemblea de sócios e sócias, coa conseguinte cohesión viciñal en torno ás actividades culturais.
No Concello de Castrelo do Miño, nestes momentos non temos coñecementos da existencia dunha asociación similar a nosa, razón que obriga a esta asociación a intentar extender os seus acontecementos culturais a unha povoación de máis de 3.000 viciños. Do mesmo xeito, en toda a Comarca do Ribeiro non existe asociación cultural que realice o número de actividades culturais que nestes intres nós estamos a ofrecer polo que o ámbito das nosas actuacións extende-se a todos os viciños do Ribeiro.
Os ingresos normais e seguros proveñen das aportacións de cada sócio que ascende a 1.200 ptas anuais. A asociación ten un marcado carácter asembleario e todas as decisións son adoptadas nas Asembleas Xerais cos votos da maioria simple dos sócios/as presentes. Os nosos Estatutos asi o reflexan.

Prado do Miño visto desde o outro
lado do Rio Miño