| // | / | ![]() |
|
Estatutos |
|||
| // | / | ||

CAPITULO I
CONSTITUCIÓN, DENOMINACIÓN, OBXECTO, NATUREZA E DURACIÓN.
Artigo 1º.-Coa denominación de "O Penedo da Forca",constitue-se en Prado do Miño unha Asociación Cultural de acordo co disposto na lexislación vixente.
Artigo 2º.- Dita asociación terá un ámbito de alcance local, no povo de Prado do Miño.
Artigo 3º.-Os fins da Asociación serán: promoción, formación e integración social e entretemento dos sócios/as, sen interese lucrativo algún.
Artigo 4º.- Para o cumprimento dos fins do artigo anterior a asociación organizará as seguintes actividades:
a) proxección de películas.
b) documentais e diapositivas.
c) conferencias e charlas de divulgación cultural.
d) fomento do teatro.
e) visita a museos.
f) protección do Patrimonio Artístico.
g) organización de exposicións.
h) actividades folclórico-recreativas.
i) talleres de educación medioambiental.
l) xogos de coeducación.
m) actividades deportivas.
n) excursións.
o) reciclaxe de papel.
p) etc.
Artigo 5º.- A duración da Asociación Cultural, será por tempo ilimitado, podendo ingresar nela novos/as sócios/as, ou dar-se de baixa os/as antigos/as sen necesidade de nova constitución.
Artigo 6º.- O domicílio social atopa-se en Prado do Miño, Concello de Castrelo do Miño.
Artigo 7º.- A Asociación terá personalidade como tal desde o momento da sua inscripción no rexistro legal correspondente.
CAPITULO II
DOS SOCIOS/AS: AS SUAS CLASES, DEREITOS E DEBERES.
Artigo 8º.- Os sócios e sócias deben ser persoas físicas.
Artigo 9ª.-Os sócios poderán ser: Fundadores, numerarios e honorarios. Son sócios fundadores aqueles que subscriben a Acta Fundacional. Serán sócios honorários todas aquelas persoas que a xuízo da Asamblea Xeral, coadxuven de forma notábel ao desenrolo da Asociación. Consideran-se sócios numerários aos ingresados á suscripción da Acta Fundacional.
Artigo 10º.- Os sócios fundadores e numerários teñen os seguintes dereitos:
a) Tomar parte das Xuntas Xerais con voz e voto.
b) Poder ser electores e elexidos para cargos directivos.
c) Disfrutar de todos os benefícios da Asociación segundo as normas e disposicións reglamentárias da mesma, ou cantas lles sexan concedidas a aquelas por entidades privadas, estatais ou paraestatais.
d) Disfrutar de todos os dereitos que como membros da Asociación Cultural lles corresponde a tenor das normas dadas polos organismos competentes.
Artigo 11º.- Os sócios honorários non intervirán na dirección da Asociación, nen poderán investigar o empleo dos seus fondos, mais si, están facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz, mais sen voto.
Artigo 12º.- As persoas membras compromenteran-se:
a) A prestar cantos servícios determinen os Estatutos, o regulamento de réxime interno e os acordos da Asamblea Xeral.
b) Desempeñar os cargos para os que foron elexidos.
c) Asistir ás Asambleas Xerais.
d) Satisfacer as cotas que se estabelezan.
e) Observar boa conducta individual e cívica.
f) Respetar todo o exposto nos Estatutos.
Artigo 13º.- A condición de sócio/a perdera-se por:
a) Observar mala conducta ou perxudicar gravemente os intereses desta Asociación Cultural.
b) Por vontade propia.
c) Por falta de pago das cotas. Os/As sócios/as que sexan expulsados, segundo as disposicións estamentarias, poderán recurrir en última estancia ante a Asamblea Xeral, cuxa decisión será definitiva.
CAPITULO III
ORGANOS DA ASOCIACIÓN.
Artigo 14º.- Son órganos da Asociación:
a) A Asamblea Xeral de Sócios.
b) Os Coordinadores (Xunta Directiva).
A) DA ASAMBLEA XERAL:
Artigo 15º.- A Asamblea Xeral de sócios/as é o órgano de expresión da vontade da Asociación. As Asambleas poderán ser Ordinárias e Extrordinárias.
Artigo 16º.- Serán facultades da Asamblea Xeral Ordinária:
a) O exame e aprobación das contas e balances do exercizo.
b) Decidir sobre a aplicación concreta dos fondos dispoñíbeis.
c) Aprobar o Regulamento de Réxime Interno da Asocición.
d) Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercizo.
e) Os demais que resulten dos Estatutos e non estexan expresamente atribuidos á Asamblea Xeral Extraordinária ou aos Coordenadores (Xunta Directiva)
Artigo 17º.- Serán facultades das Asambleas Extraordinárias:
a) Solicitar a posibel modificación dos Estatutos.
b) Elexir aos/as membros/as de Xunta Directiva (Coordinadores)
c) Aprobar a posibel federación con outras asociacións.
d) Aprobar e acordar a disolución da Asociación.
e) Autorizar a enaxenación, gravamens ou hipotecas dos seus bens sociais.
f) Designar aos/as liquidadores/as.
g) Todas as non conferidas expresamente á Asamblea Xeral Ordinaria ou aos Coordinadores (Xunta Directiva).
Artigo 18º.- As Asambleas integraran-se polos/as sócios/as asistentes sempre que concurran a metade máis un do total, na primeira convocatoria, ou transcorridos sete dias en segunda convocatoria con calquera número de asistentes.
Artigo 19º.-A Asamblea Ordinária reunira-se necesariamente dentro do mes de Decembro de cada ano, e será convocada con 15 dias de antelación polo/a Presidente/a da Asociación, mediante anuncio colocado no domicilio social e nos establecimentos públicos, ou mediante citación persoal que expresará ademais a orde do dia.
Artigo 20º.- A Asamblea Xeral Extraordinaria reunira-se en convocatória especial a petición dos Coordenadores (Xunta Directiva) ou dun tercio dos/as socios/as, con iguais requisitos que a anterior.
Artigo 21º.- O/A Presidente/a e o/a Secretário/a das Asambleas, serán da Xunta Directiva (Coordenadores).
Artigo 22º.-Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioria simple nas Asambleas Ordinárias.
Artigo 23º.- Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores vincularán a todos/as os/as sócios/as, incluso aos/ás non asistentes.
B) DA XUNTA DIRECTIVA (COORDINADORES).
Artigo 24º.- A Xunta Directiva estará integrada por un/a Presidente/a dous/duas Secretários/as, dous/duas Tesoureiros/as e coordinadores/as elexidos dentro da Asamblea.
Artigo 25º.- Os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de 1 ano podendo ser elexidos os seus/suas membros/as ao finalizar o mandato.
Artigo 26º.- As vacantes que puideran producir-se na Xunta cubriran-se provisionalmente por designación da Xunta Directiva, ata a celebración da Asamblea Xeral próxima que elixa os novos/as membros/as ou confirme aos designados/as provisionalmente.
Artigo 27º.- A Xunta Directiva reunira-se ao menos unha vez ao mes, ou máis veces cando asi o solicite calquera dos seus/suas membros/as.
Artigo 28º.- Son facultades do/da Tesoureiro/a:
a) Custodiar os fondos da Asociación e levar en orde os libros de contabilidade.
b) Preparar os balances, inventario e presuposto da Asociación para a sua aprobación pola Asamblea.
Artigo 29º.-Son facultades do/da Presidente/a:
a) Ostentar a representación e xestión da Asociación.
b) Presidir e convocar as reunións da Asamblea Xeral.
Artigo 30º.- Corresponde ao/a Secretario/a:
a) Custodiar e levar os libros, excepto o de contabilidade, documentos e selo da Asociación.
b) Levar o rexistro e o ficheiro.
c) Extender as actas das reunións, expedir certificados e manter informada á Asamblea Xeral
CAPITULO IV
PATRIMONIO FUNDACIONAL E RECURSOS ECONOMICOS PREVISTOS.
Artigo 31º.- A Asociación utilizará para o cumplimento dos seus fins os seguintes recursos económicos:
a) As cotas obrigatorias dos socios/as.
b) As aportacións voluntarias.
c) Os donativos ou subvencións que reciba.
d) O patrimonio fundacional consistente en seis mil pesetas.
Artigo 32º.- As cuotas obrigatorias serán estabelecidas pola Asamblea non sendo reintegrables en nengun caso e adicandose a atender as necesidades da Asociación.
Artigo 33º.- As aportacións voluntarias consideran-se donacións non eximindo de pagar as cotas mensuais.
Artigo 34º.- Na Asamblea Xeral Ordinaria do 31 de Decembro de cada ano practicara-se o inventario e balance da situación que se formalizará nunha memoria e sera exposto a disposición dos/as asociados/as durante un plazo non inferior a 15 dias ao señalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria que deberá aprobalos ou censuralos. De todos estes documentos remitira-se unha copia ao Goberno Civil.
Artigo 35º.- Anualmente, e antes do 1 de Abril será aprobado o presuposto pola Asamblea Xeral. O inicial non excederá das 20.000 pts.
CAPITULO V
DA LIQUIDACION DO PATRIMONIO E DA DISOLUCION DA ASOCIACION.
Artigo 36º.-A Asociación disolvera-se polas causas seguintes:
a) Por vontade de todos/as os/as socios/as.
b) Por orde da autoridade competente no caso de incumplimento dos presentes Estatutos.
Artigo 37º.- Acordada a disolución voluntaria, a Asamblea Xeral designará dous/duas socios/as liquidadores/as que xunto ao/a Presidente/a e ao/a Tesoureiro/a procederá a efectuar a liquidación, pagando as suas débedas, cobrando os seus créditos e fixando o haber líquido resultante se o houbese.
Artigo 38º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación donara-se a unha entidade de carácter benéfico, ou a outra Asociación cultural da provincia.