| // | // | / | ![]() |
Cursos |
|||
| // | // | / | |
No ano 1.997 a A.C. O Penedo da Forca comezou cunha nova experiéncia cultural no povo de Prado do Miño: a organización de cursos formativos. Desde aquela levan-se realizado os seguintes cursos:
CURSO DE GALEGO
As noitiñas do
27 de Outubro ao 15 de Decembro do 1.997 foron distintas para os sócios, viciños de
Prado e arredores que no noso Centro Social disfrutaron do Curso de Galego subvencionado
pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Conselleria de Educación.
O traballo constante durante eses dous meses fixo posible que ao remate
do curso 13 alunos recibiran o Diploma acreditativo.
Os nomes desas 13 persoas son: Francisco Alonso Miguélez, Servando
Álvarez Pousa, Rafael Carrizo Cadaya, César Fernández Álvarez, Maria Isabel Godoy
Ramos, Amparo Macías Hernández, Jorge Martínez Alvarez, Marina Méndez Paz, Jorge
Rodríguez Méndez, Maria Isabel Paz Fontenla, José Luis Perez Méndez, Maria Teresa
Placer González, José Luis Rodríguez Pérez e Mónica Sabucedo Pousa.
A profesora que impartir as clases foi Nuria Rodríguez.

Profesora e Alunos/as do
Curso de Galego
CURSO DE
INFORMÁTICA
E MECANOGRAFIA
- PRIMEIRO ANO (Curso 1.998-1.999)
Desde o dia 20 de Novembro do 1.998, todos os venres de 7 a 9 da tarde, perto de vinte alunos e alunas do concello de Castrelo do Miño, acuden ao curso de Informática organizado por esta asociación e impartido polo Centro de Ensino ABACO. O curso está composto das seguintes matérias:
- Mecanografía
- Informática
- Windows 95
- MicroSoft Office, Word, Excel, Access.
Para este curso contará-se con ordenadores Pentium con monitores a cor.
- SEGUNDO ANO (Curso 1.999-2.000)
Sigue-se avanzando nas mesmas matérias que no primeiro ano.
CURSO DE INGLÉS- PRIMEIRO ANO (Curso 1.998-1.999)
Desde o pasado 30 de Xaneiro do 1.999, todos os sábados de 7 a 9 da tarde, arredor de 20 alunos e alunas de todo o concello de Castrelo do Miño, acuden ao Curso de Inglés impartido polo Centro de Estudios ENSINO GALICIA.
- SEGUNDO ANO (Curso 1.999-2.000)
Sigue-se avanzando nas mesmas matérias que no primeiro ano.
CURSO DE VITICULTURA E ENOLOXIA
Desde o día 8 de novembro do 1.999, de luns a xoves e de 7 a 10 da tarde, o S.L.G. imparte un Curso de Viticultura e Enoloxia dirixido a labregos. Tamén están a participar persoas que teñen interés no tema e que non son labregos. As partes do curso son:
- Poda e abonado
- Productos fitosanitários: matérias activas. Utilización e precaucións
- Información sobre a reforma da OCM do viño e sobre distintas subvencións e axudas
para a viticultura e adegas de colleiteiro
- Iniciación á cata.