| // | / | ![]() |
|
A Coral do Penedo da Forca |
|||
| // | / | ||

A Coral da Asociación Cultural O Penedo da Forca nace a finais do ano 1.996 cando vários sócios e sócias inquedos acordan xuntar-se todos os sábados á noite e comezar a ensaiar os cantos que se interpretarán na Igrexa de Prado do Miño os dias de festa.
A Apresentación tivo lugar o dia 6 de Xaneiro do 1.997 (Dia de Reis) na Igrexa da Prado do Miño, e os cantos estiveron acompañados por unha representación teatral da adoración ao neno.
As seguintes actuacións foron nas festas do San Brais en Febreiro e no Dia da Nai en Maio onde se estreou unha cantiga moi especial, pois a letra e a música son da própria coral, imprimindo algo diferente nos cantos da igrexa con ritmo de habanera orquestrada polos nosos músicos e dirixida con batuta. É Nosa Nai de Amor.

Coral do Penedo da Forca o
dia da Homenaxe aos Mestres de Prado e Vide
Desde aquela siguen os ensaios todas as noites dos sábados para realizar unha série de actuacións fixas ao ano:
- Dia de Reis en Xaneiro
- San Brais e Candelaria en Febreiro
- Dia do Pai en Marzo
- Dia da Nai en Maio
- Dia do Carme en Xullo e de agora en diante que se teñen intensificado os ensaios, en
moitas máis datas.
|