| // | ![]() |
||
O Centro Social |
|||
| // | / | ||

Desde a fundación
da Asociación Cultural O Penedo da Forca atopamo-nos cunha
eiva: non tiñamos un Centro Social onde realizar as nosas actividades.
Durante un tempo un viciño do povo cedeu-nos un local onde celebrabamos as Asembleas
Xerais e máis onde organizabamos algunha actividade como a Exposición de Fotografias Prado
na Memória.
Ainda así necesitabamos un local social próprio.
Mercamos un terreo en Prado do Miño, á beira do Campo de Baloncesto
Municipal no ano 1.995. Coincidiu esta data co grande incremento de sócios, pois pasamos
de duas dúcias a máis de dous centos (case a totalidade dos viciños de Prado do Miño).
Isto fixo posíbel que coa axuda, o ánimo, as ilusións e o entusiasmo de todos
comezaramos o que para nós era a Nosa Grande Obra (que se pode ver como foi evolucionando
nas fotografias que acompañan a este texto).

Comezo das obras no ano 1.996
Para pór-lle o teito á casa e comezar a usar o local e ante a falta de fondos na asociación, moitos sócios adiantaron uns cartos para realizar a obra.

A médio facer no ano 1.996
Rematado no ano 1.997 o tellado, as portas e xanelas, xa tiñamos por fin o Noso Centro Social. Xa habia un lugar no que celebrar as asembleas, organizar as actividades e os ensaios da Coral e do Grupo de Teatro...

Centro Social da A.C. O Penedo da Forca a finais do ano
1.997
Desde o ano 1.998
dispoñemos de luz eléctrica.
Agora xa celebramos cursiños de informática e mecanografía, de inglés, de galego...
Somos a única asociación, colectivo... que ten un Local Social PRÓPRIO en Castrelo do
Miño, e que o pode ceder a outras entidades sen consultar con nenguén, só cos sócios e
sócias nunha asemblea xeral.
No ano 1.999 van-se tentar facer duas novas obras:
- Colocación do Falso Teito. Conta-se coa axuda de todos os sócios para face-lo.
- Revestimento interior das paredes da Casa.