A CORUÑA
|
A Coruña, a cidade onde ninguén é extranxeiro (the city where nobody is a foreigner, como din en Corre Carmela Que Chove) e o lugar onde estudio a Enxeñería Técnica en Informática de Xestión no Campus de Elviña. Eu vivo alí enfrente de Continente, nun barrio de recente construcción coñecido como Matogrande. A Coruña é a segunda cidade máis grande de Galicia (en poboación, lóxicamente) despois de Vigo. Está situada na costa o que lle permite ter un porto e varias praias moi preto, nas que poder pasar os días de verán. Culturalmente tampouco se queda atrás esta cidade, resaltando polos seus museo espallados por toda a súa xeografía como poden ser:
Tamén dispón do Teatro Colón e do Teatro Rosalía de Castro, onde se celebran decote actuacións teatrais. Ou do Pazo de Congresos, no que tamén se celebran os concertos da Orquestra Sinfónica da Coruña. En cines tampouco se queda corta a cidade, tendo na actualidad varios multicines como os Equitativa, os Chaplin e, máis recentemente, os Rosales. Na Internet podes consultar a carteleira galega por se te queres pasar a ver unha peli das que por aquí votan. |