|
VIÑETAS
desde o |
|
Dende o pasado verán, A Coruña é sede dunhas xornadas sobre o cómic durante unha semana na que a cidade enteira pasa a ser un escenario para este mundo de imaxinación e creatividade a xeito de comparsas, estatuas de personaxes repartidas por toda a xeografía, exposicións, conferencias e moitas outras cousas. A iniciativa, que partiu da colaboración do alcalde (e lector de comics) Paco Vázquez co autor Miguelanxo Prado tivo unha grande acollida por parte da cidade e dos moitos visitantes que de fora chegaron. O éxito do ano pasado nos leva a unha segunda celebración de tal evento que nos tivo a tódolos frikis da Coruña á espera con grande inquedanza e emoción. VIÑETAS desde o ATLÁNTICO celebrouse nas datas: 16 - 22 AGOSTO 1999
|
![]() Spiderman trepando o Obelisco, un dos monumentos máis carismáticos da cidade. |
|
Na imaxe podedes ver como Adam Hughes me fai un debuxiño durante a celebración de VIÑETAS en 1998. Esta imaxe está extraida do tríptico promocional de VIÑETAS do ano 1999, polo que supoño que elexirían a foto pola morena que teño ó meu carón e non pola pinta de friki que teño :) |
|