VIÑETAS desde o ATLÁNTICO

Coa celebración de VIÑETAS desde o Atlántico quérese celebrar durante sete días de agosto unha festa ó redor do mundo da historieta. Preténdese achegar a cidade da Coruña a representantes de tódolos estamentos e tendencias que conforman unha das formas de expresión máis específicas deste século que está a se nos escapar, e dende o ambente festivo que se merece toda celebración, achegar a especialistas e profanos a ampla variedade de propostas existentes na actualidade. Dirixirase a un público o máis amplo posible e por iso organizouse un programa aberto e variado, do que darei un cumprido avance:

Actividades programadas:

Na Estación Marítima celebráronse os seguintes eventos:

Exposicións:
  • Coleccionismo de historieta
  • Orixinais alterados na súa publicación
  • A serie televisiva Os Vixilantes do Camiño
  • A historieta galega actual
  • Pierre Christin
  • Michael Kaluta
  • Pacheco
  • Pascual Ferry
  • Luis Royo
  • Max

Conferencias e mesas redondas con diferentes autores, editores, especialistas e persoas implicadas no mundo da historieta

Autores invitados:

  • F. Boucq
  • P. Christin
  • Pascual Ferry
  • Michael Kaluta
  • Max
  • José Muñoz
  • Jerry Ordway
  • John Ney Rieber
  • Humberto Ramos
  • Salvador la Roca
  • Luis Royo
  • Santiago Sequeiros

Os autores que aparecen en gris no asistiron ó Festival do Comic por motivos varios, algún deles de última hora. Pero tamén se contou coa presencia de xente coma Mauro Entrialgo, Monteys ou o grupo musical Killer Barbies. Foi unha mágoa que Germán García non puidese asistir así como tampouco o fixo Bachs, pero como era xente fora de cartel non foi de extrañar.

Por desgracia houbo moitas ausencias, pero temos esperanzas de que isto mellore para o vindeiro ano para consolidar a celebración deste evento tan importante para o mundo do cómic como para a cidade da Coruña.