PORTADA|TOPONIMIA|HORREOS|IGREXAS|MUIÑOS|CANTIGAS|CRUCEIROS|PORTOS|ALDEAS ABANDONADAS|FLORA E FAUNA|NOVAS TECNOLOXIAS|PERIGOS ECOLOXICOS|HIMNO GALEGO|CONXURO DA QUEIMADA|ALBUM DE FOTOS|ESCRIBE| sigo a traballar neste web

SOLPOR

CONXURO DA QUEIMADA

Dende eiquí poderedes baixar unha versión rock do conxuro da queimada feita polo grupo compostelán "Semos Perigosos". Para máis información sobre esta xente visitade SEMOS WEB, e mercade a súa música, se vos gusta.
(a letra deste tema non se corresponde enteiramente coa que tedes nesta web, está versioneada).

BAIXA O CONXURO DA QUEIMADA (ESTA EN FORMATO *.ZIP)Baixa o Conxuro da queimada en formato mp3.

LETRA DO CONXURO

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas,
feitizos das menciñeiras,
podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo de can, pregón da morte
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora língua de mala muller
casado cun home vello.
Averno de Satán e Bencebú,
lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes
peidos dos infernais cús,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do inferno,
e fuxirán as bruxas
acabalo das súas escobas,
índose bañar na praia
das areas gordas,
¡oíde, oíde! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada
si é verdade que tendes mais poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cos espritos
dos amigos que están fóra,
participen desta queimada.

HOME