|

CAPELA
DOS REMEDIOS en LIRA
A memoria popular
atribúe a existencia desta capela a unha aparición da virxe dos Remedios, e a imaxe que
se garda no seu interior, a unha copia da aparición orixinal que era de pedra, e da que
non se sabe mais nada.
Si
se sabe de certo que houbo mais motivos para a levantar no ano 1706. Naquel tempo parece
ser que Lira vivía fundamentalmente do gando, e o oficio do pastoreo obrigou a construir
unha capela para que os pastores puidesen asistir a misa os domingos sen perder de vista o
seu gando. A ermida pasou a ser de gran devoción mariñeira.
No
interior da capela atópase unha maqueta do patrulleiro Ariete, da mariña espaóola e
mesmamente a roda do timón que fai de lámpada. Dito buque embarrancou o 25 de febreiro
de 1966 preto da Punta dos Remedios (en Lira, pola banda de atras do monte A Pedreira) e
os tripulantes foron safados heroicamente polos lugareños. Disto ben o lema que percorre
unha cinta no escudo de Carnota "moi humanitario".
IGREXA DE SANTA MARIA DE LIRA

.


|