PORTADA|TOPONIMIA|HORREOS|IGREXAS|MUIÑOS|CANTIGAS|CRUCEIROS|PORTOS|ALDEAS ABANDONADAS|FLORA E FAUNA|NOVAS TECNOLOXIAS|PERIGOS ECOLOXICOS|HIMNO GALEGO|CONXURO DA QUEIMADA|ALBUM DE FOTOS|ESCRIBE| sigo a traballar neste web

SOLPOR

horreo_do_cura (Carnota)Eiquí temos a estampa máis coñecida do Concello en todo o mundo: o hórreo de Carnota (nesta vila chámanlle cabaceiras, con seseo, ou sexa cabaçeiras).

A cabaceira de Carnota foi construída entre os anos 1760-1783. Nun principio a de Carnota ía contar con once pares de pés, pero os lirachos, por rivalidade, puxéronse a facer unha co dobre de pés entre os anos 1779-1814. Deste xeito os carnotáns decidiron seguir a obra, nunha 2* fase, para tentar superar a de Lira.

horreo_lira

 

As dúas pertencen ó chamado estilo fisterrán, caracterizado polo uso case que exclusivo de granito na súa construcción, incluso o teito, inda que a mor parte delas teqa teito de tella do país. A razón de ser dos hórreos é a de gardar a colleita nun lugar ventilado para pemitir o secado dalgúns productos agrícolas.

Pero como as xentes das parroquias de Santa Columba ou Comba de Carnota e de Santa María de Lira, non se poñen dacordo en cal das dúas é a meirande do mundo, meu irmán Nicolás mais eu, collemos a cinta métrica, i estes son os resultados:

  CONSTRUCCIÓN PARES DE PÉS PORTAS ANCHO LONGO
CARNOTA 1760-1783 22 3 1,90 m. 34,74 m.
LIRA 1779-1814 22 3 1,60 m. 36,53 m.

Polo tanto ¿quén leva razón?... Unha é a mais longa e a outra a que máis capacidade ten ¿non vos parece?¿empate? (he, he). Pero esto non cambiará as cousas no lugar e seguirase a rifar (saudablemente) pola cabaceira máis grande do mundo.

Nas seguintes fotos podedes comprobar a evolución destas construccións ata hoxe.

horreo_Louredocabaceira_Canedo

cabaceira_lira    

Como se ve, a cabaceira de enrriba á esquerda (en Louredo) está feita de laxas de granito sen apenas traballar. A do lado (en Canedo) é máis moderna e a pedra está moito máis labrada.

Na que está á esquerda (en Lira), o granito tamén esta labrado, anque está bastante vella e gastada pola erosión.

 

Cubelo_cabaceiras

Finalmente nesta última foto (en Cubelo) podemos ver xuntas 3, unha delas moderna e as outras dúas das vellas.

INTERIOR CABACEIRA CANEDO

Anxo Llecha Blanco e Diego González Llecha no interior da cabaceira de Canedo (1995).

HOME