PORTADA|TOPONIMIA|HORREOS|IGREXAS|MUIÑOS|CANTIGAS|CRUCEIROS|PORTOS|ALDEAS ABANDONADAS|FLORA E FAUNA|NOVAS TECNOLOXIAS|PERIGOS ECOLOXICOS|HIMNO GALEGO|CONXURO DA QUEIMADA|ALBUM DE FOTOS|ESCRIBE| sigo a traballar neste web

Retrato feito fronte á que hoxe chamamos casa de Ramona de Alberte. Andamos polo ano 1934-1935. O mestre D. Jesús Rodríguez Lema. No colo Victorina Blanco Rodríguez (Victorina de Claudia, actualmente vive en Alcalá de Henares, neta do mestre). Xente que aparece: Manolo de Maio, Ramón de Agulleiro, Jesús de Ventura...

de esquerda a dereita atopamos a Antonio de Segundo, Pepe do Roxo, "o Reselado", Ignacio da Carreirana, Tomás de Concepción, Xan de Balaio e Pepe de Tutúa.

Unha vista de Portocubelo co Monte Pindo ó fondo. A penas hai chalanas,
botes e barcos. Hoxe non collen dentro...

Os rapaces pasando un día de praia. Fronte á Caseta do Sal, na Boca do Río podemos ver escomezando dende abaixo a Juan de Claudia (ou Xan de María), Domingo de Castelo, Pedro do Peno, Juan Manuel de Capelo, José Miguel do Rodrigo, e Antonio de Boga.

Andamos polo ano 1956, o día 8 de setembro, festa do Cristo en San Mamede e polo tanto día de misa. No adro podemos ver arriba de esquerda a dereita: Manolo de Inocencia (Vilar de Parada), Juan de Claudia (ou Xan de María) (Canedo), Pepe da Calecha e Ricardo de Meniña (Panchés). No chan de esquerda a dereita: un rapaz da montaña, Pedro de Video, Domingo de Xusto, Antonio de Louro (Louredo) e Pepe do Calecho.

Moi famosa espiritualmente foi a Romaría dos Remedios en Miñarzo-Lira. Noutros tempos moi relixiosa (cada vez menos) poderiase comparar á Virxe da Barca de Muxía. Á esquerda a vella Dominga de Medes, atrás Pepe e María da Conda. No chan, de esquerda a dereita: Perfecto da Sendona, Manolo da Conda, Gelines de Medes, e Juan Antonio de Xan.

Este retrato está tomado en Lira, na entrada do lugar chamado A Rúa
(moi preto das casas de Mincho e de Lestón). Ó fondo vese a "Figueira
da Victoria" onde hoxe érguese enha casa. Os protagonistas son:
Tino de Román, Xurxo Lozano (este é picholeiro) e Ventura.

Xente famosa dou o Concello de Carnota: O Tupa (EGPGC), O Marinero
(GRAPO), Antón Louro (PSOE)...
Nesta foto á esquerda Alfre o irmán de Santi (nick "Fumeiro",
ó fondo) e á dereita Miguel de Lira. Vran de 1976

Inauguración do "Bar Pedra Pas". A "Pedra Pas" é
un baixío á entrada do Porto, vese perfectamente en canto empeza
a baixar a marea. Eiquí temos a Tino de Román e seu irmán
Benigno o día da aperura de este enxebre e mariñeiro local. Á
dereita de todo "Talelo".(12/07/1986)

Por fin temos eiquí ó Santi (nick Fumeiro) coa camisola vermella.
Á esquerda está o "Pichi". E Tino (ou Agus) á
fronte do bar. (12/07/1986).
Visita á cidade de Santiago de Compostela, fachada das Praterías (foto enviada por Benigno Louro Sendón, graciñas)
