PORTADA|TOPONIMIA|HORREOS|IGREXAS|MUIÑOS|CANTIGAS|CRUCEIROS|PORTOS|ALDEAS ABANDONADAS|FLORA E FAUNA|NOVAS TECNOLOXIAS|PERIGOS ECOLOXICOS|HIMNO GALEGO|CONXURO DA QUEIMADA|ALBUM DE FOTOS|ESCRIBE| sigo a traballar neste web
Estamos a ver a fronteira entre os Concellos de Carnota e o de Dumbría. Velaquí o temos: o único río de Europa que verte as súas augas directamente ó mar, o RÍO XALLAS. Pero ¿as verte de certo? NON. A pesares de ser unha das paisaxes mais fermosas de Galicia, o xénero humano (se se lle pode chamar así) decidíu que a fermosura do lugar non ten parangón co desenrolo económico, xa que a economía prima sobre todos os demais factores, entre eles a paisaxe e a ecoloxía. Dende que fixeron os encoros do Río Xallas as augas van entubadas ás distintas centrais eléctricas que se ven polo río abaixo, polo que nestas fotos, pódese dicir que estamos a ver o que no seu día disque era unha das paisaxes mais fermosas de toda Europa. Esta vista das augas caendo pola montaña, rara vez se pode contemplar, agás nas grandes enchentes do inverno.
Ramón Otero Pedrallo, na Guía de Galicia, Ed. Galaxia (1954) no percorrido dende Cée a Carnota comenta: " A desembocadura do Río Xallas ó pe do Monte Pindo, forma unha das paisaxes de maior emoción de Galicia. Modernamente construíuse a ponte preto da desembocadura combatida polas mareas...Ó pe do Pindo, o río lánzase en soberbia cascada de un tramo, a mellor de Galicia, a curta distancia do mar. O monte, formado por enormes masas de granitos, adopta unha forma de grave testa, e aínda florecen nas súas fendas as figueiras silvestres das que falan o P. Sarmiento e Jovellanos nas súas "notas de Viaxe". Chamóuselle un dos Olimpos célticos de Galicia e é, en verdade, un dos mais belos montes litorais dela... O nome, relacionouse, co Pindo Helénico, cousa mais ben pouco probable."
O fenómeno da Cascada do Xallas, hoxe inobservable debido á retención das augas polo encoro construído, suscitou a explicacións de diversos expecialistas.
Segundo Pannecoeck (1966), a formación deberíase a unha subsidencia baixo o mar dunha porción de terra que se situaría cara ó oeste da desembocadura e que sustentaría o bloque granítico.
Segundo Briot e Sole Sabaris, o Xallas sería un pilar tectónico (Horst) litoral que se tería levantado 150-200 metros máis que as superficies de erosión do interior. Explican que, ó longo dunha liña de falla que segía o eixo da actual Ría de Corcubión se tería producido o afundimento dun antigo promontorio continental. A erosión tería traballado pouco sobre o granoto da cascada debido á dureza da intrusión granítica postectónica e ó recente fenómeno (© Proxecto Carnota, 1994).
No lugar onde hoxe se acha a Ponte do Ézaro, había antes da súa construcción unha barca que unía os camiños que hoxe son estrada xeral. Era chamada a "Barca de Abaixo" por haber outra río arriba, na Parroquia de Arcos. Pasaban na barca as xentes que querían atravesar á outra banda, habendo outra para pasaren animais. O barqueiro cobraba unha peaxe polo servicio de paso, existindo unha especie de abonos para todo o ano. Cóntase que alá por principios do século XX naufragou a lancha por ir excesivamente cargada, morrendo dezasete persoas, accidente que aínda se lembra na vila do Pindo (© Proxecto Carnota, 1994).
Hoxe podemos ver, a parte dos tubos que baixan á central domesticando a auga, o chamado "Coadoiro", onde caían as augas formando un furado no fondo de máis de vinte metros de fondo.
Enerxía eólica. ¿enerxía limpa? As vistas dende a montaña de Carnota son impresionantes. Non hai moito tempo, e debido ós fortes ventos que zoan pola costa as empresas eléctricas, despois de varios anos controlando estatísticamente o proveito que se lle poderían quitar ó vento, decidiron instalar un cento de xeradores eólicos na montaña de Carnota - Muros, o Parque Eólico das Paxareiras - Carnota.

Paxareiras I y II: A empresa propietaria é Eurovento, SL Unipersonal, (grupo Seawest Espaqa, SA) É o primero parque da empresa en Galicia, dentro do aprobado plan Eslico Estratixico. O proxecto da fase I comprende 20 MW e o da fase II 65 MW. Con 27 maquinas Bonus de 750 kW, logo quedaronse con 34 do modelo de 600 kW que a empresa considerou mais adecuada ós rexistros de vento de Galicia. O parque ocupa unha superficie de 1.800 Ha. na area forestal de Paxareiras. Os concellos afectados percibiran 150.000 pts (900