|
PORTADA|TOPONIMIA|HORREOS|IGREXAS|MUIÑOS|CANTIGAS|CRUCEIROS|PORTOS|ALDEAS ABANDONADAS|FLORA E FAUNA|NOVAS TECNOLOXIAS|PERIGOS ECOLOXICOS|HIMNO GALEGO|CONXURO DA QUEIMADA|ALBUM DE FOTOS|ESCRIBE| sigo a traballar neste web |
|
¡¡¡¡ POIS XA CHEGAMOS !!!!
RUTA MÁIS FERMOSA (polas súas vistas da costa): pola costa, hai que coller pola estrada de Noia C-543 e nesta vila a C-550 en direcciósn Muros. De contado nos poñemos en Carnota, en pasando estoutra vila . Recomendable esta ruta polas súas vistas, anque moi sinuosa, xa que percorre a costa. RUTA MÁIS RÁPIDA: pola montaña é moito máis dereito o camiño, deste xeito hai que saír polo Romaño en dirección Santa Comba C-545 e dende aquí pola AC-403 en dirección Muros. Pasadas ás Paxareiras collemos a man dereita, e de contado chegamos ao Concello de Carnota. Preciosas vistas dende o mirador da montaña. A MÁIS CURTA: pola montaña tamén, noutros tempos era a máis rápida, pero mentres non rematen as obras na estrada, ésta non é moi aconsellable (actualmente entre Negreira e a Pereira quedan como uns 10 Km. en obras). C-543 dirección Noia, en Bertamiráns tomar dirección Negreira AC-450, dende aquí hacia Muxía AC-443, esta ruta crúzase coa AC-403 dirección Muros (mirar ruta rápida).
O Concello de Carnota é limítrofe ó Sur con Muros, ó Leste con Mazaricos, ó Norte con Dumbría e ó Oeste co Océano Atlántico. Superficie aproximada: 66,4 Km2. PARROQUIAS: Lariño, Lira, Sta. Columba, San Mamede e O Pindo.
|