CANTIGAS POPULARES DE CARNOTA |
| Se miras nesta páxina poderás
atopar unha serie de cantigas populares transmitidas de xeración
en xeración.
Nelas podemos atopar refráns sobre o tempo, oficios, cantigas
sobre a dureza do traballo que as mais das veces non chega para
manter á familia, fálase de tempos mellores e de
fartura, refrexan as rifas existentes entre a mocidade dos distintos
lugares (parece ser que os lirachos levan sempre as de gañar,
hehe), as típicas rifas coas mozas, as louvanzas das fermosas
rapazas do concello e finalmente como os mozos tentan protexer
ás mozas dos "perigos" e da veteranía
dos vellos. A última cantiga é forte de máis
(sexo), pero é popular.
Se alguén coñece algunha cantiga mais de Carnota,
por favor que mo faga saber aquí |
O TEMPO ATMOSFÉRICO E DATAS EMBLEMÁTICAS
|
| Borraxeira do mar, vento a terra
ven buscar. |
| En pasando a Xunqueira (15 de
agosto), ó inverno cheira. |
| Os días de inverno son
días de amargura, non mais rompe-lo día, xa é
noite escura. |
| En pasando o San Miguel (29
de setembro), ós figos de quen os ten. |
| Que altas, que baixas, en abril
son as Pascuas (referenciando ás Festas dos Remedios en
Lira). |
| Mirando ao mar dende Lariño:
Encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar; encarnado
a Carnota colle a leña e pecha a porta (graciñas
Benigno) |
Aire travesío, nin caza no monte nin
pesca no río
|
A DUREZA DO TRABALLO, A FAME, LIRA
|
| Os
que agrúan son de Lira,
os
que agrúan son de Lira,
son
os de Portocubelo
que
botan as lanchas arriba |
Somos
de Lira, moi boa terra,
o
malo que temos
que
aquí non se gaña
nen
chica nen perra. |
MALOS TEMPOS, CALDEBARCOS
|
| Ai
Caldebarquiños!
Quén
che ha de ir ao mar
Se
os mozos solteiros
Van
pra navegar. |
Caldebarcos,
Caldebarcos
Caldebarcos
qué ha de ser
que
non ten millo na agra
nen
auga pra beber. |
FORON TEMPOS MELLORES, CALDEBARCOS
|
| De
Caldebarcos a Lira
Larguei
as redes no mar
Collín
as sardiñas vivas
Como
a xente do lugar. |
O
lugar de Caldebarcos
é
lugar que todo ten ,
boas
mazás, boas peras,
boas
rapazas tamén. |
RIFANDO ENTRE OS LUGAREÑOS DO CONCELLO
|
|
Eu
non vou a Caldebarcos
eu
non vou que teño medo
que
se perdeu un vapor
no
Carrumeiro pequeno.
|
Miña
nai non me casedes
naquela
parroquia de Arcos,
que
está o demo metido
na
aldea de Caldebarcos.
|
Anque
me vestiran de ouro
que
xa non me vestirán;
anque
me vestiran de ouro
non
volvo máis a Sofán.
|
|
Lagarteiros
de Lariño
ídevos
deitar a cama
que
velaí veñen os de Lira
Pola
portela da Braña.
|
No
altiño de cadeiras
hai
un santiño sen ollos,
lajarteiros
de Lariño
son poucos, e medios tolos
(Graciñas
Joaquín da Burrica-Lira)
|
Mozos
do chan de Carnota
arrimádevos
a un loureiro
deixade
pasar aos de Lira
con
ferriños e pandeiros.
|
|
Azucre
non hai grau del,
nen
do branco nen do moreno,
para
endosaren a auga
hai
que ir ao mel a Cubelo.
|
Alí
veñen os de Carnota
Alí
veñen os carnotáns,
Chacudindo
nas orellas
que
lle pican os tabáns.
|
Aí
veñen os de Carnota
polo
Chan de Cabalar,
pero
teñan ou non teñan
que o vento vaino levar
|
|
As de Lira son borrachas
as
de Sofán preguiceiras
as
de Pazos e Carballal
tolas
como as de Maceiras.
|
As
de Vilar, miñas probes
teñen
boca de burras vellas
as
de Parada xeñudas,
e
as de Piñeiros, punteiras.
|
As
mociñas do Pindo
son
poucas e van a menos,
van
vendelas a a Fisterra
Como
xurelos pequenos.
|
| As
rapazas de Castelo
son
poucas e van a menos:
dan
a sete na patacón
Como
xurelos pequenos.
|
As
rapazas de Larariño
aquelas
do cu redondo,
para
cantar como o galo
Suben
á porta do forno.
|
A
Lariño, a Lariño
a
lariño que o dan,
as
mozas de Lariño
outras
cousas non fan.
|
| Se
queres boas mozas
vainas
buscar a Carnota
que
alí é onde están todas
Vestidiñas
de rosa.
|
Rapaciñas
de Carnota
que
estades lavando no río
tede
coidado cos parrulos
que
están morrendo co frío.
|
Teño
unha moza no Pindo
Outra
no chan de Barcala;
Se
a do Pindo é boa moza,
a
de Barcala lle gana.
|
| O
lugar de Piñeiros
non
é lugar que é aldea;
corrino
de arriba abaixo
non
hai unha nena fea.
|
Pasar
pasei por Louro
tamén
pasei por Lariño
e
na entrada de Miñarzo
topei
ao meu queridiño.
|
| Risco
de vello
vaite
de aí,
as
mozas de Lira
non
son para ti. |
| Canteiro
que pica-la pedra miúda
pica
noutra muller
que
outro pica na túa. |
Canteiro
de pico nunca chegará a rico,
o
de cotás, quisás. |
OFICIOS: "FERREIRO E MARIÑEIRO"
|
| Non
te cases cun ferreiro, que é mui malo de lavar,
casa
cun mariñeiro, que xa ven lavado do mar. |
SEXO
|
| Unha
vella de Sigrás díxolle a outra de Lariño
"fajo
mais cartos coa cona que o ferreiro co martillo"
e
a vella de Lariño díxolle á de Sigrás
"teño
mais callo na cona que o ferreiro ten nas mans".
|
|
|