Denominamos "A Fenestra" ao magazine matinal de Radio Fene. Durante tres horas e media diarias combinamos a información con entretenemento, sempre desde un tratamento e unha perspectiva o máis local posible.

Comezamos ás nove da mañá cun servicio informativo onde prestamos especial atención á situación do tráfico na comarca. Trátase do microespacio "A Ponte das Pias", un programa que conta co patrocinio de "Autopistas del Atlántico" e que intenta afondar no carácter de servicio público da nosa emisora. Cun formato dinámico recollemos tamén as novas da zona destacadas polos diferentes xornais.

 

O formato "magazine" comeza ás nove e media da mañá, tentando satisfacer os gustos e as preferencias dun público heteroxéneo. Cada dia convídase aos ointes a coñecer as voces da súa comarca a través dunha serie de entrevistas programadas e distribuidas estratéxicamente. A Fenestra tamén introduce seccións nas que participan os representantes políticos no Concello e os deputados autonómicos e centrais da zona.

 

A variedade de contidos é unha das características deste magazine diario. Nel fálase de literatura, cine, ocio, tradicións,... Tentamos estructurar todos estes temas en microespacios dinámicos, abordandoos sempre desde un enfoque local ou comarcal.

 

Páxina Principal