Tódolos días Radio Fene emite un programa de información deportiva ás dúas da tarde. " O Tempo Do Deporte" conta con media hora de duración, e máis de seis anos en antena, repetíndose a súa emisión ás tres da tarde.

Os fins de semana retransmitimos os partidos que xogan a domicilio o Boandanza Rubber, equipo que milita na División de bronce do fútbol sala español, e máis o Racing de Ferrol, na Segunda División B do fútbol. Xa na tarde dos domingos poñemos en antena o Carrusel Deportivo "Volta á Ría". Ó longo de máis de tres horas ofrecemos información en directo dos partidos de fútbol comarcal. Dende máis de dez campos, informamos á audiencia da evolución dos encontros da Rexional Preferente, Primeira e Segunda Rexional e categorías de base. Colaboran neste espacio máis de vinte persoas.

A xornada deportiva dos domingos finaliza ás nove da noite cun programa resumo en formato informativo e as dez menos cuarto cunha tertulia en torno ó Racing de Ferrol.

Páxina Principal