|
Dinamiza-la sociedade e potencia-la
participación cidadán constitúen algúns dos obxectivos da programación de
Radio Fene. Os informativos, programas deportivos,
magazines e musicais, son os mimbres cos que elaboramos diariamente o noso
cesto radiofónico. Neste novo proxecto, pensamos especialmente
en todos aqueles que nos escoitan. Para vos temos unha sección chamada
"A túa opinión". As vosas aportacións e suxerencias serán ben
recibidas. Radio
Fene 107.7 FM Casa
do Concello 15500
Fene (A Coruña) Teléfono:
981492773 Fax: 981492772 |
¿A quén lle interesa?
Segundo investigacións dos estudosos da
comunicación, na Europa Occidental a información cercana, próxima, é a que máis
interesa a unha porcentaxe de poboación situada entre o 20 e o 30%. Esa é xa
que logo, o que se denomina como Audiencia Potencial Media das radios locais.
Enquisas de audiencia realizadas por Radio Fene en colaboración cos profesores
de Estatística do Instituto de Ensino Secundario de Barallobre (Fene) confirman
un eco situado neses parámetros.
![]()
Subir