
![]() |
Iste
é o meu careto, como podes ver xa teño uns pocos anos, arredor do medio século, nacín
nun pequeno concello de Ourense chamado Chandrexa de Queixa, un fermosísimo
paraxe do macizo central Ourensán, anque levo 24 anos vivindo en
Lalín, onde me casei e naceron as miñas fillas, terra acolledora,
moi fermosa e a que me sinto xa mais vinculado que aquela outra que me
viu nacer. Xa se sabe o dito aquel: O burro non é de onde nace...
|
||||||||||||||||||
O
meu correo de contacto é: domingues@terra.es |
|||||||||||||||||||
| Gústame
a lectura, sobre todo a novela, anque de cando en vez tamén me atrevo
con algún clásico.
A música, entre elas a clásica, música étnica e tamén dos anos 70 Pink Floyd, Simon & Gartfunkel etc. Outra das cousas que "chupa" unha boa cantidade de tempo é o ordenador e a Internet, nunca pisei unha escola nin academia de informática, pero para as miñas cousas voume defendendo. Os animáis, entre eles os cáns, tamén forman parte da miña pasión. Teño unha cadela mastín chamada Tila, tamén teño un gato siamés que se chama Bastón. Hay moitas outras cousas das que podería falar, nembargantes vou dicir unha sola: son unha persoa ideolóxicamente de esquerdas CO CORAZÓN Á ESQUERDA.
|
|||||||||||||||||||
| Aquí vou poñer unhas fotos das tres mulleres que forman a miña familia, pódense ampliar e tamén escoitar a música que tocan as miñas fillas premendo niste arquivo ZIP comprimido. | |||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||
| A miña muller Carme. | A
miña filla Irene. |
A miña filla Dorinda. | |||||||||||||||||