Unha persoa que, coma mín, leva case 25 anos padecendo unha minusvalía,tén xa acumuladas moitas vivencias e tamén moita experiencia para saber cales son os problemas diversos cos que se atopa un minusválido,como se poden atenuar, xa que non se poden solucionar na súa totalidade.

Non pretendo selo posuidor da verdade única pero esta é a miña forma de velo:


 A familia é o pilar básico no que se debe apoiar a rexeneración e a reinserción da persoa que sufre unha minusvalía, ben sexa de nacemento ou que accede a ela pola causa que sexa. A familia coa obligatoria axuda das administracións públicas, que deben poñe-los medios que sexan precisos para que se leve a cabo reinserción.

 

 O individuo ten que poñer moito da sua parte, xa que, no mundo actual existe unha competencia feroz e a sociedade non llo vai poñer fácil.

 

 Para as institucións públicas, iste colectivo estivo sempre esquecido, tamén tradicionalmente foi pouco loitador e pouco reivindicativo e coido que deberíamos tentar que isto cambiara, como tamén deben os poderes públicos acordarse, e axudar á moita xente con discapacidades como é a súa obriga.

 

 A moi particular forma dos galegos de relacionarse socialmente fai que, sobre todo no rural, se tenda a esconder a persoa que ten minusvalías. É a nosa obriga tentar axudar a esta xente, minusválidos e as súas familias, a integrarse.

 

 Unha das formas que poida paliar algo esta calamitosa situación é, sen dúbida, a do asociacionismo, no que teremos que profundizar e promocionalo ó máximo.


Introduce os teus comentarios: