Esta é unha foto, feita por min, do meu querido pobo da Espasa, onde eu tiven a sorte de nacer. Mais adiante falarei del mais polo miúdo e tamén poñerei algunhas fotos mais para que te fagas unha idea diste pequechiño pobo perdido na cunca do rio Navea, tan entrañable para mín.

 

 
     

Como se pode ollar nesta foto, a Espasa está a carón dun encoro, dende comenzos dos anos 50, esto veu a acubillar as millores terras de labranza así coma os millores lameiros que estaban a carón do río. Condicionou e afectoulle moito á vida da xente da Espasa e doutros pobos do concello.

Se queres ler un pequeno traballo, feito por min, do que supuxo o encoro para as xentes diste pobo pincha AQUI. (word) ou AQUI (html).

 
     
"Presa Chandrexa"  
"Esto" é a causa de tantas inxustizas e penalidades que lle foron causadas ás xentes da Espasa e outros pobos de arredor.

Aínda hoxe, cando a vexo, pásanseme pola miña cabeza algúns pensamentos e ideas que non vou nomear agora...

     

Como podes ollar nesta instantánea, na Espasa, algúns días de inverno, "cócense as orellas".

Esta foto fíxena alá polos derradeiros días de Decembro do 2001.

Cando eu era rapaz, xogabamos no inverno enriba desa grosa capa de xelo, niste pozo, a uns metros da miña casa, e tamén "no camiño das cabras".

Sobran as palabras.