

Vou facer unha serie de consideracións, que son o que eu penso da nosa terra e do que sinto por ela, parto da posición de que eu son galego e Galiza é a terra na que nacín e onde quixera algun dia morrer.
Todas estas opinións son miñas e non quixera que a ninguén feriran, xa sei que moitos as rexeitarán e que, uns poucos, estarán dacordo coelas, para uns e outros ahí van:
Galiza é para min a terra mais fermosa do mundo.
Galiza é a terra onde os galegos nos sentimos na nosa casa, protexidos e agarimados.
En todo o mundo é coñecida a MORRIÑA, da que todos falan moito pero só os galegos que non están na súa terra saben o que é.
Os que, por unhas causas ou por outras, tivemos que estar fora da terra un bó feixe de anos, sabemos como se nos mira fora da terra e moitas veces tivemos que loitar para tentar de rachar cos tópicos do "galeguiño e a súa vaquiña".
Quero dicir tamén que estas opinións non son de ningún xeito excluintes xa que, tradicionalmente galiza e as súas xentes, sempre foron acolledoras cos que viñeron de fora, pois tamen moitos galegos tiveron que emigrar para poder sair adiante.
A nosa terra dende onde lembramos, estivo sempre esquencida polos que tiveron o poder.
Nos distintos indicadores, económicos, sociais, educativos etc. a nosa terra sempre estivo nos derradeiros postos dises indicadores, cando é unha terra moi rica en recursos naturais e humáns. Entón deberíamonos face-la seguinte pregunta: a onde vai e quén ten a riqueza de Galiza? por qué temo-los galegos unha das rendas per cápita mais baixas do estado español?
Non quero falar de política, pero coido que chegou xa a hora de irnos erguendo e de facernos escoitar por aquiles que, ostentando o poder e, en consecuencia, os béns dos galegos, fan que non oen xa que para eles o mellor e que todo siga coma sempre.
Deixo para o derradeiro punto a miña lembranza das xentes do rural que,coa súa humildade e coa súa constancia mantiveron moi viva a cultura e a tradición da nosa terra,para eles todo o meu cariño e a miña consideración.