Benvida

CEIP de PALMEIRA
 
Inicio
Benvida
Presentación
O Centro
Biblioteca
Medio Ambiente
Normalización Lingüística
Novas Tecnoloxías
Revista
Deporte
 
E-mail

O Centro de Educación Infantil e Primaria de Palmeira davos a máis cordial benvida a tódolos internautas que vos achegades ata aquí.

É a nosa intención ofrecervos unha breve exposición acerca deste Centro Educativo dun xeito ameno e accesible. Para iso pasamos a explicar en que cosiste está páxina Web.

¿Por que xurde?

Xurde como aplicación dos Novos Medios Informáticos na ensinanza.

¿Que atoparemos aquí?

Temas relacionados co traballado nos distintos grupos de traballo que funcionan no Centro, como son a Biblioteca, Medio Ambiente, Normalización Lingüística e Novas Tecnoloxías; así como tamén a Revista e o Deporte Escolar.

¿Como navegar por estas páxinas?

Desde a páxina principal pódese acceder as tódalas demáis páxinas pulsando sobre o nome do sitio que desexemos visitar. EStes nomes están situados á marxe dereita. Na marxe esquerda de tódalas demais páxinas aparecen tamén estos nomes, para poder así pasar dun xeito doado dunhas a outras. Ó final das páxinas aparecen estas tres frechas:

Para ir á páxina anterior Para ir ó principio da páxina actual Para ir á seguinte páxina

Pulsando sobre elas podemos ir á páxina anterior, o principio da páxina actual ou á páxina seguinte. Con só colocar o rato sobre elas xa nos aparece información.

Outras posibilidades de futuro:

A medida que os compoñentes do equipo de Novas Tecnoloxías nos vaiamos actualizando, iremos incorporando máis compoñentes a estas páxinas. Se tendes algunha suxerencia ou recomendación, poñédevos en contacto connosco pulsando sobre a arroba.

Pulsa aquí para mandarnos un Correo Electrónico

 

Para ir á páxina anterior Para ir ó principio da páxina actual Para ir á seguinte páxina